Magín Díaz

Modelo:BiografíaMagín Díaz
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Mahates, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de novembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Las Vegas, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, cantante Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm9379690 Facebook: orishadelarosa Twitter: magin_diaz Instagram: magindiaz Musicbrainz: f27c59fc-f3dc-4ba7-b223-f58382f802af Discogs: 5032860 Editar o valor en Wikidata

Luis Magín Díaz García, nado en Mahates o 30 de decembro de 1922 e finado en Las Vegas, Nevada o 28 de novembro de 2017, foi un cantante e compositor colombiano de música popular. Atribúenselle grandes cancións da música caribeña, e dende o anonimato influenciou a industria musical e o acervo popular da música afrocolombiana.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Magín foi fillo de Domingo Díaz e Felipa García. O seu pai era traballador do campo e cantador de Son de Negro e bailarín, a súa nai foi unha recoñecida cantadora de bullerengue a finais do século e comezos do XX. El naceu na pobreza e foi campesiño, e durante a súa infancia traballou no Ingenio Gran Central Colombia en Sincerín, Bolívar. Debido á migración cubana na industria azucreira, no enxeño aprendeu tonadas e cancións que influenciarían o seu labor creativo por anos. Non tivo oportunidades de educación formal e non aprendeu a ler nin a escribir. Dende moi novo manifestou os seus dotes para a música. Ensinado polo seu pai, con nove anos, cantaba, compuña e tocaba os instrumentos de percusión propios do bullerengue e a cumbia.

A súa vida transcorreu no anonimato, pois unha abundante cantidade de cantos, versos e toques de tambor conserváronse por tradición oral no medio da invisibilidade ante os ollos culturais da nación, que dende o século  até 1991 promoveu a música do interior como identidade nacional dentro dunha axenda política centralista.[3]

Atribúeselle a versión en chalupa do tema “Rosa (qué linda es)”, canción de 1927 orixinal do Sexteto Habanero, popularizada posteriormente por Carlos Vives, Irene Martínez e Joe Arroyo.[4] Comezou na industria discográfica dos anos 80 como membro de Los Soneros de Gamero e Los Wadingos. Porén, estas gravacións non superaron a marxinalidade política e social de Colombia.

O recoñecemento chegou despois dos seus 90 anos de idade.[5] A súa primeira gravación foi Magín y Santiago, publicada por Páginas de Cultura en 2012. Posteriormente veu Magín Díaz y el Sexteto Gamerano en 2015 e El Orisha de la Rosa en 2017.[6] Este último, resultou da colaboración de numerosos artistas musicais, gráficos, visuais, audiovisuais, produtores e admiradores que apoiaron a súa produción e inclúe colaboracións con Carlos Vives, Totó la Momposina, Petrona Martínez, Celso Piña, Monsieur Periné , Bomba Estéreo e varios máis. Foi tamén o resultado de catro anos de investigación e produción musical e sumou talentos dun centenar de músicos, enxeñeiros e artistas provenientes de 4 continentes, 13 países e máis de 45 localidades. O disco foi dirixido por Noname e producido por Manuel García-Orozco e Christian Castagno.[7] O recoñecemento chegou tarde e aos seus 95 anos gañou o Premio Nacional Vida e Obra do Ministerio de Cultura, o cal é o maior recoñecemento do goberno colombiano a un artista polas súas achegas ao enriquecemento da cultura colombiana.[8] O 16 de novembro de 2017 chegou, xunto ao seu fillo Domingo Díaz, ás Vegas, en Nevada para asistir á cerimonia da décimo oitava entrega dos Grammy Latinos, polos dous nomeamentos que o seu último disco El Orisha de la Rosa recibira a Mellor Álbum Folclórico e Mellor Deseño de Empaquetado e á homenaxe que a Academia Latina da Gravación lle tiña preparado, ao ser o nomeado de maior experiencia na historia da entidade. Ese mesmo día ingresaría no Desert Spring Hospital Medical Center por un malestar xeral, onde ademais lle tratarían por unha arritmia cardíaca. Estando hospitalizado, alzaríase co primeiro Grammy Latino ao Mellor Deseño de Empaquetado. Magín continuaría hospitalizado até o 28 de novembro de 2017, día no cal, polo seu último disco, sería nomeado nos Premios Grammy a Mellor Empaquetado Dunha Gravación. Tras presentar melloría no seu estado de saúde, ese mesmo día, da man do seu fillo e acompañado por un par de amigos, unha crise respiratoria terminou coa súa vida no Desert Spring Hospital Medical Center.[9]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. Palomino, Sally; Zapata, Juan Carlos (4 de febreiro de 2017). "Magín Díaz: 93 años y un primer disco". Diario El País (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2017. 
  2. "Magín Diaz | El orisha de la rosa". Magín Diaz | El orisha de la rosa (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  3. "bullerengue". bullerengue. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  4. "Cuba y Colombia unidos por la canción "Rosa, qué linda eres"". El Universal Cartagena (en castelán). 21 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  5. "Shakira y Magín Díaz: poderío colombiano". 20 de xuño de 2017. 
  6. "El orisha de la rosa". magindiaz.com (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  7. "A los 95 años Magín Díaz lanza nuevo disco. ¡Que viva El Orisha de la Rosa! | Shock". Shock. 25 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  8. "Magín Díaz gana Premio Vida y Obra 2017 del MinCultura". Radio Televisión Nacional de Colombia (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  9. Saldarriaga, John (29 de novembro de 2017). "Murió el Orisha de la Rosa, Magín Díaz". El Colombiano (en Spanish). Consultado o 30 de novembro deq 2017.