Magsat / Explorer 61 | |
---|---|
![]() Representación artística de Magsat | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 30 de outubro de 1979[1][2][3] |
Foguete portador | Scout[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][5] |
Obxectivo da misión | Medición global do campo magnético da Terra.[2][5] |
Decaemento | 11 de xuño de 1980[1] |
NSSDC ID | 1979-094A |
Masa | 158 kg[2] |
Magsat, tamén coñecido como Explorer 61, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 30 de outubro de 1979 mediante un foguete Scout desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]
A misión de Magsat consistiu en medir os campo magnético da Terra a baixa altura e en gran detalle co obxectivo de mellorar e actualizar as cartas magnéticas a nivel mundial e rexional e facer unha recompilación das zonas da codia terrestre con anomalías magnéticas.[2][4]
O satélite estaba composto de dúas partes: o módulo instrumental (cos instrumentos de medición e o sistema de despregue dos mesmos) e o módulo base (cos sistemas de comunicación, enerxía e propulsión). O instrumento principal, un magnetómetro, foi despregado a unha distancia de 6 metros da nave para facer as medicións.[2][4]
Magsat foi inxectado nunha órbita inicial de 550 km de apoxeo, 348 km de perixeo, 93,6 graos de inclinación orbital e un período orbital de 93,6 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 11 de xuño de 1980.[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magsat |