A Maltese Falcon Society é unha organización para admiradores de Dashiell Hammett, a súa novela The Maltese Falcon, libros de misterio e escritores en xeral. Fundada en San Francisco en 1981, a organización xa non está activo nos Estados Unidos mais no Xapón permance activa dende 1982. A póla xaponesa da sociedade presenta o Premio Falcon, a honra máis alta do Xapón no eido de misterio, para honrar as mellores novelas de misterio publicadas no Xapón.
A Maltese Falcon Society foi fundada en San Francisco o 20 de maio de 1981[1] por historiadores literarios, o biógrafo Don Herron[2] e o investigador privado Jayson Wechter.[3] A primeira reunión da sociedade celebrouse en "John's Grill",[4] o restaurante onde comía Dashiell Hammett e que aparece en The Maltese Falcon. Os voceiros na primeira reunión foron David Fechheimer, un investigador de Hammett, e E. Hoffmann Price, un autor de ficción pulp.[5]
A sociedade estabeleceu sedes en Nova York[6] e no Xapón.[1] No ano 1982, a sociedade tiña 110 membros en San Francisco, 55 no Xapón e 50 en Nova York.[7] Como lema oficial, a sociedade adoptou o usado por Sam Spade no capítulo 2 de The Maltese Falcon: "Success to crime."[1]