Mandril e donicela | |
---|---|
Formato | Animación, comedia |
Creado por | David Feiss |
Desenvolvido por | David Feiss[1] Vincent Davis[2][3] Davis Doi (supervisor das tempadas 2–3)[3] Hanna-Barbera David Feiss Productions |
Dirixido por | David Feiss[4] Robin Steele (12 episodios)[4] Robert Alvarez (1 episodio)[4] |
Intérpretes | Michael Dorn Charlie Adler |
Tema de apertura | "I Am Weasel", interpretado por April March[1][5] |
Tema de peche | "I Am Weasel" (instrumental) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 79 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Brian A. Miller[1] Larry Huber (tempada 1)[1] Sherry Gunther (tempadas 1–2)[1] Para Cartoon Network (tempadas 3–4)[1]: Linda Simensky (tempadas 3–4)[1] e Khaki Jones (tempadas 3–4)[1] |
Duración | 7 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Cartoon Network |
Formato de imaxe | NTSC (480i) |
Primeiro episodio | 22 de xullo de 1997[6] |
Derradeiro episodio | 2000 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mandril e donicela (en inglés: I Am Weasel) é unha serie de televisión estadounidense creada por David Feiss para Cartoon Network, no estudio de Hanna-Barbera, sendo o cuarto dos Cartoon Cartoons. A serie céntrase na personaxe de I. M. Weasel, un intelixente, adorada e exitosa donicela, e I. R. Baboon, un parvo e perdedor mandril que sente envexa do éxito de donicela e constantemente tenta amolalo, mais sen conseguilo.
Orixinalmente formou parte da serie Vaca e polo entre 1997 e 1999, sendo estreado normalmnete como o terceiro segmento dun episodio (agás nunha ocasión na que foi emitido entre os dous segmentos de Vaca e polo).[7] Eventualmente, Mandril e donicela converteuse nunha serie de seu, que se emitiu entre o 10 de xuño de 1999 e comezos de 2000. Conta cun total de 79 episodios producidos, incluíndo aqueles creados como parte de Vaca e polo.
Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mandril e donicela |