A mangerita é unha rocha ígnea plutónica ou intrusiva, que é esencialmente unha monzonita que contén hiperstena. Está caracterizada pola presenza de mesopertita. Aparece con frecuencia en asociación coa norita, anortosita, charnockita e granito rapakivi en cintos metamórficos do Proterozoico. Tamén forman parte dos chamados plutóns AMCG (acrónimo de anortosita, mangerita, charnockita e granito). Deulle o seu nome Carl Fredrik Kolderup en 1903 pola localidade norueguesa de Manger.[1]
Na mangerita poden aparecer os seguintes minerais: feldespato alcalino (mesopertita), plaxioclasio, cuarzo, hperstena, clinopiroxeno, biotita, olivina (faialita, raro) e anfíbolo.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |