Manolito Catrollos

Manolito Catrollos
Título orixinalManolito Gafotas
Autor/aElvira Lindo
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Data de pub.1994
editar datos en Wikidata ]

Manolito Catrollos (o nome orixinal en español é Manolito Gafotas) é o nome dun libro de Elvira Lindo escrito en 1994, mais converteuse nunha serie de novelas nas que se narra a historia dun cativo e a súa familia, no madrileño barrio de Carabanchel Alto, coa caracterización peculiar dos personaxes españois nun lugar urbano sen moitos luxos.

O certo é que Manolito xa é un personaxe histórico, pois foi levalo a pequenas e grandes pantallas, en versións para todos os públicos.

A tradución ao galego correu por conta de Xosé Antón Palacio Sánchez.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Manolito García Moreno: é o protagonista, alegre, simpático e con sentido do humor. Vive coa súa familia en Carabanchel e ten dez anos.
  • O Imbécil: é o irmán máis novo de Manolito. O seu verdadeiro nome é Nicolás García Moreno e ten 4 anos. Sempre anda a chuchar un chupete.
  • Catalina: a nai de Manolito, é famosa polas súas azoutas. É bastante seria e nerviosa.
  • Orellóns: non se sabe o seu verdadeiro nome, mais é o mellor amigo de Manolito, aínda que o acostuma traizoar, polo que tamén lle chama moitas veces porco traidor.
  • Yihad: é o abusón do barrio que se dedica a esnaquizarlle os lentes a Manolito.
  • O avó: é o avó materno de Manolito. Está xubilado e vive na casa da súa filla xunto ao resto da familia, polo que adoita pasar bastante tempo co seu neto. Acostuma vestir de chándal e ten unha especial predilección polos "tintos de verán", que, segundo Manolito, son a súa paixón. É o Travolta de Carabanchel.
  • Manolo: é o pai do protagonista. É camioneiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]