Manosa 6-fosfato | |
---|---|
Outros nomes Manosa-6-fosfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 3672-15-9 |
PubChem | 65127 |
ChemSpider | 58636 anómeros non especificados, 394282 anómero alfa, 388338 anómero beta |
MeSH | mannose-6-phosphate |
ChEBI | CHEBI:48066 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H13O9P |
Masa molecular | 260,136 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A manosa 6-fosfato (M6P) é un monosacárido fosfatado derivado da manosa que se une á lectina no sistema inmunitario. A M6P convértese en frutosa 6-fosfato pola acción do encima manosa fosfato isomerase.
A M6P é un importante sinal diana para as proteínas precursoras da hidrolase ácida, que se destinan ao transporte cara aos lisosomas. Engádese a etiqueta M6P a esas proteínas na cara cis do aparato de Golgi. Especificamente, nunha reacción na que están implicados a uridina difosfato (UDP) e a N-acetilglicosamina, o encima N-acetilglicosamina-1-fosfato transferase cataliza a glicosilación ligada a N de residuos de asparaxina con M6P. Unha vez marcadas axeitadamente co sinal diana da M6P, estas proteínas son desprazadas á rede trans-Golgi. Alí, o resto M6P é recoñecido e únese ás proteínas do receptor de manosa 6-fosfato (MPR) a pH 6,5-6,7.[1]
Os encimas lisosómicos etiquetados con M6P quedan incluídos nos endosomas tardíos por medio do transporte vesicular.[1] O pH nos endosomas tardíos pode chegar a 6,0, o cal causa unha disociación da M6P do seu receptor.[1] Unha vez liberados, os encimas son transportados ao seu destino final nos lisosomas.[1] Os MPRs están empaquetados en vesículas que se evaxinan dos endosomas tardíos e volven á rede "trans"-Golgi para a súa reciclaxe.[1]