Manual de estilo

Para o manual de estilo de Wikipedia, véxase Wikipedia:Libro de estilo.

Un manual de estilo, guía de estilo ou libro de estilo, é unha guía composta por un conxunto de criterios preceptuados, por normas para o deseño e a redacción de documentos, xa sexa para o uso xeral, ou para ser utilizados polos redactores de xornais ou outras organizacións que tamén publican textos. A posta en funcionamento dun manual de estilo permite publicar seguindo unha uniformidade de estilo. Os manuais de estilo son frecuentes no uso xeral e especializado, en medios escritos, orais e gráficos. E para publicacións de estudantes e académicos de diversas disciplinas como, a medicina, o xornalismo, a avogacía, o goberno, as empresas e a industria. O manual de estilo componse tanto de normas lingüísticas, como de estilo, para que a mensaxe sexa máis coherente, eficaz e correcta.

Neste tipo de obras adoitan incluír informacións de cuestións de índole lingüísticas (normas ortográficas e gramaticais e principais de dúbidas e erros de redacción), cuestións de tipo ético e deontolóxico (principios éticos que se relacionan coa liña editorial do medio) e cuestións de natureza profesional (tipografía, uso de titulares, uso de imaxes...)

Os libros de estilo establecen regras tales como o uso da tipografía e a ortografía. O principal obxectivo é dotar á publicación duns criterios homoxéneos e consistentes ao longo das diferentes partes da publicación e do tempo. Son normas para os redactores da publicación.

Algúns manuais de estilo céntranse no deseño gráfico como os manuais gráficos, e abarcan tópicos tales como a tipografía, as cores e espazos en branco. Os manuais de estilo de sitios webs en cambio, céntranse nos aspectos técnicos e visuais da publicación, a prosa, uso correcto da linguaxe, a gramática, a puntuación, a ortografía, e a estética. A estrita aplicación dos regulamentos do manual de estilo proporciona uniformidade no estilo e o formato dun documento.

Moitos manuais de estilo son revisados e actualizados periodicamente para adaptar cambios no uso e as convencións máis actualizados. Por exemplo, o manual de estilo de Associated Press é actualizado anualmente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outras páxinas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]