Maquis (resistencia francesa)

Maquis
Un grupo de maquis en La Trésorerie en 1944. O uso da boina, moi común no medio rural francés desa época e chamada boina vasca, é un dos símbolos distintivos dos maquis franceses, empregada tamén para confundirse entre a poboación civil[1]
Tipomembro da resistencia
Data de fundación1940
Nomeado en referencia amaquis
PremiosBoina
PaísFrança Livre e Francia
editar datos en Wikidata ]

O maquis designa grupos de guerrilleiros que formaban parte da denominada Resistencia francesa, sendo a súa presenza particularmente activa nas zonas montañosas da Bretaña e do sur de Francia onde fustrigaron as forzas do réxime de Vichy e a Wehrmacht do Terceiro Reich.

En España é o nome xenérico adoptado pola historiografía, polo que se coñecen os grupos armados clandestinos que practicaron as técnicas de combate de guerrilla especialmente no medio rural e natural, como bosques ou zonas montañosas, durante a guerra civil española e a posguerra española, provenientes moitos deles do maquis francés.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra orixinal deriva dun tipo de ecosistema mediterráneo presente no sueste de Francia, a maquia (en francés maquis), cuberto de matogueiras.[2] Este foi, precisamente, o tipo de terreo no que a resistencia armada atopou asilo. Os membros do escuadrón recibían o nome de maquisards. Finalmente, o termo converteuse nun honorífico que significaba "combatente de resistencia armada". Os maquis pasaron a simbolizar a resistencia francesa.

  1. "Fonte: Donald I. Grant. Department of National Defence / National Archives of Canada, PA-166396. The Battle of the Scheldt en junobeach.org". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  2. Online Etymology Dictionary. ""Definición de maquis"". Consultado o 14 de decembro de 2007.  por Dictionary.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]