Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1684 Palácio Imperial de Hofburg, (pt) |
Morte | 28 de setembro de 1696 (12 anos) Schloss Kaiserebersdorf (en) |
Causa da morte | Varíola |
Lugar de sepultura | Cripta Imperial de Viena (pt) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Arquiduquesa (pt) |
Familia | Casa de Habsburgo |
Pais | Emperador Leopoldo I e Leonor Madalena de Neuburgo (pt) |
Irmáns | Carlos VI de Alemaña, José I, Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) , Archduke Leopold Joseph of Austria (en) , Maria Antónia da Áustria (pt) , Maria Madalena da Áustria (pt) , Maria Isabel da Áustria (pt) e Maria Ana de Áustria (pt) |
María Tareixa de Austria, nada en Viena, o 22 de agosto de 1684 e finada na mesma cidade o 28 de setembro de 1696, foi arquiduquesa de Austria, filla do emperador Leopoldo I de Austria e da súa terceira esposa Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo. María Tareixa era irmá dos emperadores Xosé I e Carlos VI e da raíña de Portugal, María Ana de Austria.
María Tareixa naceu no Palacio Imperial de Hofburg, Viena, o 22 de agosto de 1684 como a cuarta filla e sexto fillo de Leopoldo I de Austria, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e de Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo.
Despois de coller varíola, María Tareixa morreu á idade de doce anos no Palais Ebersdorf en Viena. Está enterrada na Cripta Imperial de Viena.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Tareixa de Austria |