Tipo | Maratón |
---|---|
Localización e Datas | |
Localización | Estocolmo (concello de Estocolmo) 59°19′46″N 18°04′07″L / 59.3294, 18.0686 |
País | Suecia |
Vixencia | 1979 – |
Outro | |
Páxina web oficial | stockholmmarathon.se |
O maratón de Estocolmo (oficialmente Asics Stocklholm Marathon), tamén coñecido en sueco como Stockholmsmaran, é unha competición anual de maratón que percorre o centro de Estocolmo. É o principal maratón de Suecia, tanto polo número de asistentes como pola cantidade de corredores da elite mundial que participan. Principia en Lidingövägen e remata no interior do estadio olímpico de Estocolmo. O seu percorrido cobre a distancia clásica de 42.195 metros. Dende 1982, a carreira é tamén o campionato sueco de maratón.[1]
O primeiro maratón de Estocolmo celebrouse o 4 de agosto de 1979, inscribíronse 2155 corredores, tan só 69 mulleres[2]. Realízase habitualmente a primeiros de xuño, mais ás veces acontece a finais do mes de maio. Conta con arredor de 18000 inscritos cada ano, dos que participan uns 15000. Dende agosto de 2010 patrocínao Asics e pasou a levar o nome da empresa no título, a primeira vez que acontecía[3].
En 2014 inscribíronse 21 942 corredores de 93 países diferentes, o que estableceu a mellor marca da competición[4], e remataron 16 736[5]. No ano 2016 remataron 12 855 corredores, o que lle supuxo ser o sétimo maratón de Europa[6] e en 2017 completárono 12 551 corredores[7].
Ano | Gañador | País | Tempo |
---|---|---|---|
1979 | Jukka Toivola | Finlandia | 2.17.35 |
1980 | Jeff Wells | Estados Unidos | 2.15.49 |
1981 | Bill Rodgers | Estados Unidos | 2.13.26 |
1982 | Kjell-Erik Ståhl | Suecia | 2.19.20 |
1983 | Hugh Jones | Reino Unido | 2.11.37 |
1984 | Agapius Masong | Tanzania | 2.13.47 |
1985 | Tommy Persson | Suecia | 2.17.18 |
1986 | Kjell-Erik Ståhl | Suecia | 2.12.33 |
1987 | Kevin Forster | Reino Unido | 2.13.52 |
1988 | Suleiman Nyambui | Tanzania | 2.14.26 |
1989 | Dave Clarke | Reino Unido | 2.13.34 |
1990 | Simon Robert Naali | Tanzania | 2.13.04 |
1991 | Åke Eriksson | Suecia | 2.12.38 |
1992 | Hugh Jones | Reino Unido | 2.15.58 |
1993 | Daniel Mbuli | Suráfrica | 2.16.30 |
1994 | Tesfaye Bekele | Etiopía | 2.14.06 |
1995 | Åke Eriksson | Suecia | 2.14.29 |
1996 | Tesfaye Bekele | Etiopía | 2.15.05 |
1997 | Benson Masya | Kenya | 2.17.22 |
1998 | Martin Ojuko | Kenya | 2.16.12 |
1999 | Alfred Shemweta | Suecia | 2.14.52 |
2000 | Alfred Shemweta | Suecia | 2.18.49 |
2001 | Anders Szalkai | Suecia | 2.18.17 |
2002 | My Tahar Echchadli | Marrocos | 2.18.20 |
2003 | Josphat Chemjor | Kenya | 2.18.14 |
2004 | Joseph Riri | Kenya | 2.16.12 |
2005 | Kasirayi Sita | Cimbabue | 2.13.28 |
2006 | Philip Bandawe | Cimbabue | 2.17.01 |
2007 | Philip Bandawe | Cimbabue | 2.20.56 |
2008 | Willy Korir | Kenya | 2.16.03 |
2009 | Paul Kipkemei Kogo | Kenya | 2.15.34 |
2010 | Joseph Lagat | Kenya | 2.12.48 |
2011 | Shumi Gerbaba | Etiopía | 2.14.07 |
2012 | Methkal Abu Drais | Xordania | 2.19.16 |
2013 | Shumi Gerbaba | Etiopía | 2.16.13 |
2014 | Benjamin Bitok | Kenya | 2.13.21 |
2015 | Yekeber Bayabel | Etiopía | 2.18.22 |
2016 | Stanley Koech | Kenya | 2.10.58 |
2017 | Abrha Milaw | Etiopía | 2:11:36 |
2018 | Lawi Kiptui | Kenya | 2:13:30 |
Ano | Gañadora | País | Tempo |
---|---|---|---|
1979 | Heide Brenner | Alemaña | 2.47.06 |
1980 | Ingrid Kristiansen | Noruega | 2.38.45 |
1981 | Ingrid Kristiansen | Noruega | 2.41.34 |
1982 | Ingrid Kristiansen | Noruega | 2.34.26 |
1983 | Tuulikki Räisänen | Suecia | 2.36.58 |
1984 | Ria Van Landeghem | Bélxica | 2.34.13 |
1985 | Jeanette Nordgren | Suecia | 2.36.43 |
1986 | Evy Palm | Suecia | 2.34.42 |
1987 | Evy Palm | Suecia | 2.35.14 |
1988 | Grete Waitz | Noruega | 2.28.24 |
1989 | Evy Palm | Suecia | 2.33.26 |
1990 | Midde Hamrin | Suecia | 2.37.07 |
1991 | Midde Hamrin | Suecia | 2.36.15 |
1992 | Linda Milo | Bélxica | 2.39.10 |
1993 | Grete Kirkeberg | Noruega | 2.37.58 |
1994 | Irina Sklarenko | Ucraína | 2.40.34 |
1995 | Ingmarie Nilsson | Suecia | 2.33.03 |
1996 | Grete Kirkeberg | Noruega | 2.36.40 |
1997 | Anita Håkenstad | Noruega | 2.33.26 |
1998 | Grete Kirkeberg | Noruega | 2.37.39 |
1999 | Marie Söderström-Lundberg | Suecia | 2.36.55 |
2000 | Marie Söderström-Lundberg | Suecia | 2.37.57 |
2001 | Esther Kiplagat | Kenya | 2.29.55 |
2002 | Lena Gavelin | Suecia | 2.33.48 |
2003 | Marie Söderström-Lundberg | Suecia | 2.35.07 |
2004 | Rita Jeptoo | Kenya | 2.35.14 |
2005 | Tina María Ramos | España | 2.41.31 |
2006 | Anna Rahm | Suecia | 2.36.35 |
2007 | Kirsten Melkevik Otterbu | Noruega | 2.37.02 |
2008 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.34.14 |
2009 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.33.52 |
2010 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.31.35 |
2011 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.37.28 |
2012 | Derebe Godana | Etiopía | 2.40.19 |
2013 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.33.49 |
2014 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.32.28 |
2015 | Isabellah Andersson | Suecia | 2.34.14 |
2016 | Jane Onyangi | Kenya | 2.31.45 |
2017 | Konjit Tilahun | Etiopía | 2:35:45 |
2018 | Mikaela Larsson | Suecia | 2:40:28 |