Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Marc Guiu Paz 4 de xaneiro de 2006 (18 anos) Granollers, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,9 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 38 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marc Guiu Paz, nado en Granollers o 4 de xaneiro de 2006, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.
Nado en Granollers, comezou a xogar ao fútbol na Penya Barcelonista Sant Celoni, unha peña do FC Barcelona.[1] Na tempada 2013/14 ingresou na canteira do propio Barcelona e tras ir subindo polas diferentes categorías inferiores, foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo en xuño de 2023, antes dos partidos de pretemporada contra o Celta de Vigo e o Vissel Kobe.[2] Realizou o seu debut non oficial co Barcelona neste último partido, substituíndo tralo descanso a Robert Lewandowski.[3][4]
O 22 de outubro debutou na Primeira División, saltando á herba do Camp Nou nos minutos finais dun partido ante o Athletic Club, e só 23 segundos despois marcou o gol da vitoria co seu segundo toque ao balón.[5][6][7] Con 17 anos e 291 días, converteuse no debutante máis novo e máis rápido en marcar co Barcelona en liga.[8][9]
Tres días despois debutou tamén na Liga de Campións, na vitoria por 2-1 contra o Shakhtar Donetsk.[10] Marcou o seu primeiro gol na competición europea e o segundo da tempada o 13 de decembro, nunha derrota por 3-2 ante o Royal Antwerp.[11][12]
Foi internacional coas seleccións sub-17 e sub-19 de España.