Nome orixinal | Marc Montalvo Antequera |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de abril de 2002 (22 anos) |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista |
Marc Montalvo Antequera, nado en Riudoms o 9 de abril de 2002 é un futbolista español que xoga como centrocampista no Gimnàstic de Tarragona.
Ingresou na canteira do Gimnàstic de Tarragona en setembro de 2010, con oito anos.[1] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, ata que en 2021 pasou ao filial do club, o La Pobla de Mafumet, da Terceira División RFEF.[2]
O 6 de febreiro de 2022 debutou co primeiro equipo do Nàstic na Primeira División RFEF, substituíndo a Pedro del Campo nunha vitoria por 1-0 ante o Real Madrid Castilla.[3] Para a tempada 2022/23 subiu definitivamente ao primeiro equipo,[4] facéndose coa titularidade por diante de Del Campo e da nova fichaxe Ander Gorostidi. Formou parella de mediocentros xunto a Eric Montes e converteuse no xogador máis destacado do equipo.[5][6]