![]() | ||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1885 ![]() Vercelli, Italia ![]() | |||||||||||||||||||
Morte | 31 de xullo de 1967 ![]() Vercelli, Italia ![]() | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | esgrimista, futbolista ![]() | |||||||||||||||||||
Deporte | esgrima fútbol ![]() | |||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | |||||||||||||||||||
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team épée (en) ![]() | |||||||||||||||||||
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team sabre (en) ![]() | |||||||||||||||||||
1908 | fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team sabre (en) ![]() ![]() |
|||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||
Fillos | Franco Bertinetti ![]() |
Marcello Bertinetti, nado en Vercelli o 26 de abril de 1885 e finado no mesmo lugar o 31 de xullo de 1967, foi un médico, futbolista e tirador de esgrima italiano, gañador dunha medalla olímpica.
Bertinetti foi o fundador da sección futbolística do Società Ginnastica Pro Vercelli en 1903 despois de ver en Turín un partido de fútbol,[1] formando parte do equipo que conquistou o campionato de Italia de fútbol de 1908[2]. No ano 1909 xogou co Juventus como centrocampista durante unha tempada.[3]
Practicante de esgrima, competiu nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres, logrando a medalla de prata en sabre por equipos, rematando cuarto na proba de espada por equipos, en espada e sabre individual non logrou superar a primeira rolda. Entre 1911 e 1922 foi médico en Libia. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París foi campión olímpico en sabre por equipos e medalla de bronce en espada por equipos. A súa última participación olímpica foi nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan quedando primeiro en espada por equipos[4]. Foi tamén medalla de bronce nos Mundiais de esgrima de 1929 es espada individual[5].