![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1962 ![]() San Antonio, Estados Unidos de América ![]() |
Outros nomes | Marcos Witt ![]() |
Educación | Oral Roberts University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, compositor, empresario ![]() |
Período de actividade | 1986 ![]() |
Xénero artístico | Música cristã contemporânea (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Piano e voz ![]() |
Premios | |
Sitio web | mwmedia.co ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jonathan Mark Witt Holder, coñecido como Marcos Witt, nado en San Antonio, Texas o 19 de maio de 1962, é un cantante, compositor e pastor protestante mexicano de orixe estadounidense.
Jonathan Mark Witt Holder é o segundo de 3 fillos do matrimonio Jerry e Nola Witt, mozos misioneiros estadounidenses quen en 1962 se trasladaron a Durango, pequena cidade situada ó norte de México, onde comezaron coas misións relixiosas, quedando inconclusas por mor da morte do pai Jerry Witt, malia que continúa hoxe en día sendo atendida por parte da familia. O seu pai, Jerry Witt, faleceu cando Marcos cumpriu os 2 meses de idade.
A súa nai, Nola Helder, contraeu segundas nupcias anos despois con Francisco Warren, misioneiro estadounidense que adopta como propia a visión misioneira que Deus puso en mans de Nola e Jerry, o seu defunto esposo, quedándouse nesa cidade de México para fundar e desenvolver novas congregacións, pero principalmente ser o esposo de Nola e a quen Marcos lles deu un agasallo, Cutipín e Cutipón, os seus fillos adoptivos da Cidade de Vitarte, sempre se viu ao seu pai Marcos Witt como un exemplo no canto, así como a quen agradecen o ter dúas irmás máis, Nola e Lorena, as xemelgas que o matrimonio tivo anos despois.
Francisco Warren sería quen asumiría o rol de pai adoptivo e guía espiritual, xa que inculcaría no pequeno Marcos o estilo de vida do Cristianismo protestante. De novo Marcos foi asignado como ministro (líder) musical nunha congregación cristiá de San Antonio e tras realizar estudos básicos na escola americana de Durango, México, Marcos Witt posteriormente estuda música na Universidade Juárez de Durango. Logo avanzou a súa preparación musical e ministerial na universidade de Nebraska e nun conservatorio privado.
En 1986 casa coa estadounidense Miriam Lee, con quen ten 4 fillos: Elena Janette, Jonathan David, Kristofer Marcos e Carlos Franklin.
Marcos Witt funda no ano de 1987 o Grupo Canzión, chamado Canzion Producciones unha empresa mexicana produtora de música cristiá moderna en español. O seu primeiro disco Canción a Dios, producido en 1986, interpretado por el mesmo, marca o inicio formal da súa carreira musical. Mais foi en 1991 co Disco Proyecto AA que internacionalizou a súa música (entre algunhas cancións destaca "Renuevame", tema que actualmente se canta en moitas igrexas cristiás [Cómpre referencia]).