Marcus Ward Lyon

Modelo:BiografíaMarcus Ward Lyon

(1917) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Rock Island Arsenal, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
South Bend, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Brown
Universidade George Washington
Rock Island High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, terioloxía, bacterioloxía, patoloxía, Parasitoloxía e Oftalmoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, parasitólogo, oftalmólogo, botánico, bacteriólogo, patólogo, conservador, biólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaM.W.Lyon Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLyon Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMartha Maria Brewer Lyon (1902–) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Indiana Authors and their Books, 1967-1980 Editar o valor en Wikidata

Marcus Ward Lyon Jr., nado o 5 de febreiro de 1875 en Rock Island Arsenal (Illinois) e finado o 19 de maio de 1942 en South Bend (Indiana), foi un zoólogo especializado en terioloxía, bacteriólogo e patólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ptilocercus lowii, única especie da familia dos ptilocércidos, descrita por Lyon.
Lápida de Lyon no Arlington National Cemetery.

Temperán interese pola zooloxía

[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de militares, demostrou axiña un grande interese na zooloxía, recollendo espécimes da fauna local nos arredores dos destinos do seu pai no exército.

Graduouse na universidade Brown (Providence, Rhode Island) en 1897 e continuou os seus estudos na universidade George Washington (Washington, D.C.), mentres traballaba a tempo parcial no United States National Museum (USNM).[1] En primeiro lugar foi axudante no departamento de mamíferos e profesor na universidade da cidade. Nesta universidade obtivo o seu título de doutor en medicina en 1902 e, despois, en 1913, o seu Ph. D. (doutor en filosofía).

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

O 13 de decembro de 1902 casou con Martha Maria Brewer, unión da que nacería unha filla. De 1903 a 1917 ensinou bacterioloxía, patoloxía, medicina veterinaria e parasitoloxía en diversas universidades.

Durante a primeira guerra mundial, en 1917, ingresou no exército dos Estados Unidos, servindo como patólogo no hospital Walter Reed Army Medical Center. En setembro de 1919 pasou á reserva do corpo médico co grao de maior.[2][3]

En 1919, el e a súa esposa Martha, trasladáronse a South Bend, Indiana, onde traballaron nunha clínica recentemente inaugurada, onde a súa esposa traballou como oftalmóloga. Xa antes de mudarse, Lyon publicara moitos artigos sobre mastozooloxía, durante e despois da súa permanencia no USNM. Nestes traballos describira formalmente seis especies, tres xéneros e unha familia (a dos ptilocércidos).

Unha vez en South Bend, comezou a publicar estudos médicos, pero continuando o seu traballo en mastozooloxía, con especial énfase na fauna local de Indiana, e tamén na flora deste estado. Publicou máis de 160 artigos durante a súa carreira.

Foi membro de diversas sociedades científicas, como a Asociación Americana para o Avance da Ciencia, a Washington Academy of Science, a Sociedade Ecolóxica de América, a Sociedade Americana de Mamaloxistas (na que ostentou a presidencia de 1931 a 1933),[2] a Unión Americana de Ornitólogos, a Sociedade Americana de Bacteriólogos, a Academia de Ciencias de Indiana. Máis adiante, Lyon converteuse nun conservacionista.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Lyon faleceu o 19 de maio de 1942 en South Bend, Indiana, e está soterrado no Cemiterio Nacional de Arlington.[3]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura M.W.Lyon emprégase para recoñecer a Marcus Ward Lyon como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Lyon emprégase para recoñecer a Marcus Ward Lyon como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. Hoxe, Museo Nacional de Historia Natural do Instituto Smithsoniano.
  2. 2,0 2,1 Layne, J. N. & Hoffmann, R. S. (1994): "Presidents". En Birney, E. C. & Choate, J. R. Seventy-five years of mammalogy (1919–1994). Special Publication Nº 11. American Society of Mammalogists. ISBN 0-935868-73-9.
  3. 3,0 3,1 Just, T. (1942): "Marcus Ward Lyon, Jr. 1875–1942". American Midland Naturalist 27 (3): ii–xv.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Allen G. Debus, dir. (1968): World Who’s Who in Science. A Biographical Dictionary of Notable Scientists from Antiquity to the Present. Marquis-Who’s Who (Chicago).