(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1935 São Paulo, Brasil |
Morte | 3 de xuño de 2020 (85 anos) São Paulo, Brasil |
Causa da morte | pneumonía |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Maria Alice Monteiro de Campos Vergueiro, nada en São Paulo o 19 de xaneiro de 1935 e finada na mesma cidade o 3 de xuño de 2020, foi unha profesora universitaria e actriz e directora teatral brasileira, considerada a meirande actriz experimental brasileira da súa xeración[1].
Descendente da familia Campos Vergueiro, que forma parte da elite paulista descendente dos fundadores da cidade. Seu pai foi Nicolau Pereira de Campos Vergueiro Neto e súa nai Maria Antônia Borges, entre os seus antepasados figuran o senador Vergueiro, un dos máis influentes políticos da época do Imperio (1822-1889), o barón de Vergueiro, o de Antonina ou o de Ibicuí. Seu tío paterno foi o actor Carlos Vergueiro, un dos fundadores do Teatro Brasileiro de Comedia. Maria Alice estudou pedagoxía na Universidade de São Paulo.
Debutou no teatro en 1962 no espectáculo A Mandrágora, so a dirección de Augusto Boal. Pasou logo ao elenco de actores do Teatro Oficina, onde actuou en 1967 na histórica montaxe O Rei da Vela de Oswald de Andrade, so a dirección de José Celso Martinez Corrêa.
Seguindo as experiencias do teatro experimental norteamericano do Living Theatre, da obra de Bertolt Brecht e do gusto polo grotesco[2] fundou en 1977 con Luiz Roberto Galízia e Cacá Rosset, o Teatro do Ornitorrinco, compañía coa que tamén actuou en diversos espectáculos.
En 1992, actuou e dirixiu o espectáculo O Amor de Dom Perlimplim com Belisa en seu Jardím de Federico García Lorca, inaugurando o segundo grupo da compañía que contou coa colaboración de varios profesionais do elenco principal da compañía como Ricardo Castro, Luciano Chirolli, Gerson Steves; ademais de Rosana Seligman e Wanderley Piras. En 1995 dirixiu a peza Quíntuplos, tamén do segundo grupo, con Christiane Tricerri e Luciano Chirolli entre outros. En 2002, xa afastada do Ornitorrinco, adaptou Mãe Coragem, na que tamén actuou so a dirección de Sérgio Ferrara ao lado de Rubens Caribé e José Rubens Chachá.
Na curtametraxe Tapa na Pantera, dirixida por Esmir Filho, Mariana Bastos e Rafael Gomes interpretou unha dama fumadora marihuana dende hai trinta anos que fala sobre as súas experiencias coa droga. A personaxe creouno a propia actriz. A curta foi un dos primeiros[3] vídeos virais da Internet brasileira tras subirse a YouTube. En 2016 protagonizou a curta Rosinha, dirixida por Gui Campos e que recibiu máis de 40 premios nacionais e internacionais, entre eles o Premio Especial do Xurado no 44º Festival de Gramado.
Foi profesora de teatro na Facultade de Educación e mais na Escola de Comunicacións e Artes da Universidade de São Paulo. En 2003 detectáronlle párkinson[4], e morreu no Hospital das Clínicas de São Paulo, aos 85 anos vítima de pneumonía[4].
Ano | Título |
---|---|
1962 | A Mandrágora |
1964 | A Ópera de Tres Vinténs, de Bertolt Brecht |
1965 | A Grande Chantagem |
1967 | O Rei da Vela, de Oswald de Andrade. Dirección de Zé Celso Martinez Correa |
1972 | Gracias, Señor. Creación colectiva, dirección de Zé Celso Martinez Correa |
1973 | O Casamento do Pequeno Burguês |
1975 | Galileu Galilei. Dirección de Zé Celso Martinez Correa |
1977 | Delírio Tropical |
1977 | Os Máis Fortes, adpatación de Den starkare de August Strindberg |
1977 | Teatro do Ornitorrinco Canta Brecht e Weillcom dirección de Cacá Rosset e Luiz Roberto Galízia |
1978 | A Ópera do Malandro, de Chico Buarque de Hollanda |
1981 | O Percevejo. Dirección Luís Antônio Martinez Corrêa |
1982 | O Lírio do Inferno |
1983 | Mahagonny Songspiel, de Bertolt Brecht, con dirección de Cacá Rosset |
1983 | O Belo Indiferente, de Jean Cocteau, con dirección de Cacá Rosset |
1985 | O Gosto da Própria Carne |
1986 | Eletra Com Creta, con dirección de Gerald Thomas |
1986 | Katastrophé, dirección de Rubens Rusche |
1988 | A Vella Dama Indigna, con dirección de Cacá Rosset |
1989 | E Ponha o Tedio no...Ó |
1989 | O Doente Imaginário, de Molière, con dirección de Cacá Rosset |
1992 | O Amor de Don Perlimplim con Belisa en seu Xardín, de Federico García Lorca, so a súa dirección |
1994 | A Comedia dos Erros, de William Shakespeare, con dirección de Cacá Rosset |
1996 | No Alvo |
1998 | O Avarento, con dirección de Cacá Rosset |
1999 | Sabah das Bruxas |
2002 | Mãe Coragem e Seus Filhos, con dirección de Sérgio Ferrara |
2003 | Temporada de Gripe, con dirección de Felipe Hirsch |
2005 | O Clásico da Vangarda: documentación e historia |
2005 | Vigília Literaria |
2008 | As Tres Velhas de Alejandro Jodorowsky, so a súa dirección |
Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1974 | Amor e Medo | |
1978 | O Bom Marido | Freguesa do camelô |
1980 | Maldita Coincidência | |
Muito Prazer | Nai | |
1983 | O Rei da Vela | Dona Cesarina |
Do Outro Lado da Vida | ||
1984 | Divina Previdência | |
1985 | Non Plus Ultra | |
1987 | Urubus e Papagaios | Dona Matilde |
Carlota Amorosidade | ||
1988 | Romance | Amiga de Paulo César |
1991 | O Corpo | Muller do xefe da policia |
Olímpicos | Xogadora de póker | |
1992 | Perfume de Gardênia | |
PK Cadeia | Oente | |
1995 | Disseram que voltei...Americanizada | |
1997 | A Grande Noitada | Brunhilde |
2000 | Cronicamente Inviável | Señora do atropelamento |
2004 | Ato II Cena 5 | actriz |
2005 | Tudo o Que é Sólido Pode Derreter | Dona do sebo |
2006 | Tapa na Pantera | Pantera |
2008 | Relicário | Avoa |
2009 | Quanto Dura o Amor? | Administradora |
2010 | Topografia de um Desnudo | Esmoleira</ref> |
2011 | César! | Profesora |
2013 | Jogo das Decapitações | Renata |
2014 | Rubras Mariposas | Jussara |
2016 | Rosinha | Rosinha |
2018 | Górgona | Ela mesma |
2019 | Vergel | Nai (voz) |
Ano | Título | Personagem | Nota |
---|---|---|---|
1987 | Sassaricando | Lucrécia | |
1988 | Bebê a Bordo | carcereira | Participación especial |
2000 | Brava Gente | Elisinha | |
2007 | O Sistema | Leda "Rabsicocha" J. | |
2009 | Tudo o que É Sólido Pode Derreter | Diaño | |
2010 | Elvirão Ou Como Vovó Já Dizia | Elvirão | |
2016 | Condomínio Jaqueline | administradora fumadora de maría |