Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1921 Yevpatoria (pt) |
Morte | 22 de xullo de 2001 (79 anos) Tel Aviv, Israel |
Actividade | |
Ocupación | ximnasta artística |
Compañeiro profesional | Ágnes Keleti (pt) |
Deporte | ximnasia artística |
Participou en | |
1952 | Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1952 (pt) (medalla de prata olímpica) |
Cronoloxía | |
8 de setembro de 1941-27 de xaneiro de 1944 | Sitio de Leningrado |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гороховская Мария Кондратьевна) |
Maria Kondratyevna Gorokhovskaya (en ruso: Мария Кондратьевна Гороховская, en ucraíno: Марія Кіндратівна Гороховська), nada en Yevpatoria o 17 de outubro de 1921 e finada en Tel Aviv o 22 de xullo de 2001 foi unha ximnasta soviética de orixe xudía. Nos Xogos Olímpicos de 1952 gañou sete medallas, máis que ningunha outra muller nuns únicos xogos.[1]
Competindo por Budivelnyk Kharkiv, Gorokhovskaya gañou o seu primeiro título da URSS na barra fixa en 1948 e acudiu aos Xogos Olímpicos de Helsinqui como dobre campioa nacional. As ximnastas soviéticas nunca participaran antes en torneos internacionais importantes, e foron os primeiros xogos nos que participou o país.
Os ximnastas soviéticos dominaron a competición, con Gorokhovskaya como líder. Nos catro aparatos individuais (barra, chan, salto e asimétricas), Gorokhovskaya acabou segunda. Eses resultados valéronlle a medalla de ouro na competición xeral, acabando por diante da súa compañeira de equipo Nina Bocharova por oito décimas.[2]
Con sete das oito ximnastas soviéticas nos dez primeiros postos, era claro que a medalla de ouro por equipos sería para elas. Gorokhovskaya gañou a súa sétima medalla no desaparecido exercicio por equipos con aparatos portátiles, en que o equipo soviético rematou segundo despois de Suecia.[2]
Gorokhovskaya fixo unha aparición internacional máis como parte do equipo gañador do campionato do mundo de 1954, e despois retirouse. Traballou entón como xuíza (internacional dende 1964) e como conferenciante.
En 1990, Gorokhovskaya, que era xudía,[3] emigrou a Israel, onde traballou como adestradora de ximnasia ata a súa morte.[2] En 1991 foi incluída no Salón Internacional da Fama dos Deportes Xudeus.