Marina Alta

Modelo:Xeografía políticaMarina Alta
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°46′23″N 0°05′01″O / 38.7731, -0.0836
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant Editar o valor en Wikidata
CapitalDénia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación184.284 (2022) Editar o valor en Wikidata (242,7 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie759,3 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave

Cabo de Sant Antoni visto dende a praia de Les Arenetes, Xàbia.
Casa típica da Marina en Teulada.
Castelo de Dénia.
Muíños do Cabo de Sant Antoni.
Coques de mullador, tortas típicas da Marina.

A Marina Alta (en galego Mariña Alta) é unha comarca central e costeira da Comunidade Valenciana con capital en Dénia. Limita ao norte coa Safor, ao norte e ao leste co mar Mediterráneo, ao sur coa Marina Baixa e ao oeste co Comtat.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A Marina Alta é unha comarca costeira, a situada máis ao norte da provincia de Alacant. Ten unha orografía bastante complexa, xa que a sucan numerosas montañas, vales e unha costa moi accidentada. Son numerosos os cantís, calas e cabos que se atopan nestas terras. A costa desta comarca ten algúns dos accidentes máis emblemáticos valencianos, como son o cabo de Sant Antoni (Montgó), cabo de Martí e Cabo da Nau (os tres forman a peculiar "punta"). Así como o coñecido Penedo de Ifach, na localidade de Calp.

Hai importantes formacións montañosas, como a Serra de Bernia ou o Montgó. Tamén cabe destacar a importancia da marjal de Pego-Oliva, marismas interiores. Na comarca destacan algúns cursos de auga como os ríos Bullent, Racons, Girona e Gorgos.

Economía e Actividade

[editar | editar a fonte]

A Mariña Alta foi durante a gran parte da súa historia, unha comarca dedicada principalmente ás actividades agrícolas no interior, e ás relacionadas coa pesca nos municipios costeiros. Tras o "boom" turístico dos anos 60, a gran beleza desta comarca propiciou un cambio no sector económico, dedicado desde entón ao sector terciario.

A zona sofre agora as repercusións do turismo residencial, sobre todo pola afluencia de numerosos residentes provenientes de países do centro e norte de Europa.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os concellos que forman parte desta comarca son:

Municipio Poboación Extensión Densidade
Alcalalí 1.395 14,4 96,87
L'Atzúbia 668 14,7 45,44
Beniarbeig 1.729 7,4 233,64
Benidoleig 1.139 7,48 152,27
Benigembla 570 18,5 30,81
Benimeli 429 3,5 122,57
Benissa 12.690 69,7 182,06
Calp 27.768 23,5 1.181,61
Castell de Castells 517 45,9 11,26
Dénia 42.704 66,2 645,07
Gata de Gorgos 5.969 20,3 294,03
Llíber 1.001 21,9 45,70
Murla 574 5,8 98,96
Ondara 6.217 10,4 597,78
Orba 2.503 17,3 144,68
Parcent 1.061 11,8 89,91
Pedreguer 7.097 29,6 239,76
Pego 10.878 52,9 205,63
El Poble Nou de Benitatxell 4.773 12,7 375,82
Els Poblets 3.078 3,6 855,00
El Ràfol d'Almúnia 635 4,9 129,59
Sagra 457 5,6 81,60
Sanet i els Negrals 727 3,9 186,41
Senija 658 4,8 137,08
Teulada 13.281 32,24 411,94
Tormos 339 5,4 62,77
La Vall d'Alcalà 191 22,9 8,34
La Vall d'Ebo 297 32,4 9,16
La Vall de Gallinera 672 53,6 12,53
La Vall de Laguar 937 23,1 40,56
El Verger 4.688 8,2 571,70
Xaló 3.002 34,6 86,76
Xàbia 29.923 68,6 436,19
Totais: 188.567 759,30 248,34

A lingua nativa e predominante na Marina Alta é o catalán, na súa forma dialectal do valenciano meridional. Algunhas marcas do valenciano alacantino preséntanse ocasionalmente, como a perda do "d" intervogálico e léxico coma "astò" (en troques de "açò", isto). Cara ao interior da comarca, as vilas de histórico repoboamento mallorquino conservan trazas deste dialecto ademais dun trazo específico: os “x” pasan a ser “tx” cando no resto do valenciano es pronúnciase “x”, coma nas verbas “txitxanta” (seixanta, sesenta) o “aitxò” (això, iso). O salat (conxunto de verbas do catalán central caracterizadas polo uso do artigo, denominado salat, es (s'), sa (s'), es, ses, en lugar do (l'), la (l'), els, les) perdeuse case totalmente e consérvase só na veciña poboación de Tàrbena (Marina Baixa) e nalgúns topónimos locais, como a serra de Ses Cordelleres (Benigembla).

En Dénia e Xàbia dise "aquí" cando outras vilas prefiren o estándar valenciano "ací" (aquí). Por outra banda os "e" e "o" abertos abondan, até tal punto que o uso xeral é pechado: "Al Verger", "ham astat" (hem estat, estivemos), “aubert” (obert, aberto), "Undara". O catalán da Marina Alta tamén posúe un rico léxico propio, típico dunha comarca historicamente illada das cidades e cunha poboación estática: fesols de careta, cadufo, andragó, bollet, espencat, mullador, casup, riurau, naia, bancal, marge o giró. Algunhas palabras demostran a influencia da emigración histórica da colonia francesa de Alxeria: carrota, betrava, secatons, ferma, xicolate, retreta, valable o velloseta.

Ademais hai crecentes comunidades de castelán-parlantes, anglófonos, xermanófonos e francófonos grazas ao turismo residencial. En toda a comarca, o castelán é a lingua preferente para os europeos e magrebís chegados recentemente e en consecuencia, o índice de coñecemento do catalán decaeu nos últimos quince anos. Ademais, o coñecemento do castelán sufriu o mesmo efecto en menor grao grazas á creación de empresas, xornais, radios e clubs sociais adicados exclusivamente ás comunidades norteeuropeas.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Algúns pratos típicos da gastronomía desta comarca son o mullador, o espencat, tortas doces e salgadas, sobrasada e longaínza do interior, os pasteis de améndoa ou de espinacas, os bolos de vento, el suquet de peixe, o bull (embutido) con cebola, as fabas axitadas, la picaeta (salmoeira, noces, altramuces e cacahuetes), a picada de allo e pirixel, pucheiro con albóndegas, arroz ao forno con xudías e pencas, arroz con costra, paella con gamba ou albóndega, pa amb tomàquet (pan con tomate), pementos recheos de arroz e magro. Bebidas típicas son o burret (coca-cola e licor-café), o viño de Xaló e mistela.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • O castelo e vila vella de Dénia.
  • Parque natural do Montgó: o Cabo de Sant Antoni, Torre de Gerro e os muíños de Xàbia.
  • Parque natural da Marjal de Pego e Oliva.
  • Penedo de Ifach en Calp.
  • Vila vella de Xàbia: a igrexa, basílica-fortaleza e ermida de Loreto. Calas.
  • Os Pòrxens de Pedreguer.
  • Vila vella de Benissa: pazos, convento e igrexa.
  • Vila vella de Teulada: pazos medievais e igrexa.
  • Praza de touros, vila vella e igrexa do convento de Ondara.
  • As Pozas de Xaló: a das Figueretes, o do Assegador e o da Basseta.