Nome orixinal | (nl) Maria Ender |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (nl) Maria Elizabeth Ender 1 de outubro de 1947 A Haia (Reino dos Países Baixos) |
Morte | 2 de decembro de 2006 (59 anos) A Haia (Reino dos Países Baixos) |
Causa da morte | cancro da vesícula biliar (pt) |
Outros nomes | Mariska Veres |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1963 - 2006 |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock psicodélico |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Polydor Records EMI |
Descrito pola fonte | 1001 Vrouwen uit de Nederlandse geschiedenis (en) , (sec:1000) 1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) |
Mariska Veres, nada na Haia o 1 de outubro de 1947 e finada igualmente na Haia o 2 de decembro de 2006, foi unha cantante xitana neerlandesa recoñecida en principio por ser a cantante principal do grupo de rock Shocking Blue, na súa segunda formación.
O seu pai Lajos Veres era un violinista xitano, orixinario de Hungría e a súa nai nacera en Alemaña dun matrimonio francés e ruso.
Veres comezou a súa carreira como cantante en 1963 co grupo de guitarras Les Mysteres, e máis tarde cantou cos Bumble Bees en 1965, os Blue Fighters, Danny and his Favorites e General Four en 1966, e tamén cos Motowns, onde tocaba o órgano. En 1968 convidárona a unirse a Shocking Blue para substituír o cantante principal Fred de Wilde, que tivo que deixalos para alistarse no exército. Ataviouse e maquillou entón de forma espectacular, cunha perruca morena grande e moi longa. En 1969, Shocking Blue gañou fama mundial co sinxelo «Venus».
Shocking Blue disolveuse o 1 de xuño de 1974, e Veres continuou a súa carreira en solitario ata que o grupo volveu reunirse en 1984. Este regreso foi un éxito, mais un dos compoñentes orixinais, Robbie van Leeuwen, decidiu deixar a banda, en parte porque se trasladou a Luxemburgo, mais tamén polo éxito da súa canción Venus. Veres formou o grupo de jazz The Shocking Jazz Quintet en 1993, no que interveu como cantante principal. De 1993 a 2006 tocou noutra reagrupación de Shocking Blue, e tamén gravou un álbum co cantante Andrei Şerban en 2003.
Faleceu de cancro o 2 de decembro de 2006 na Haia con 59 anos.[1]