Markku Aro

Modelo:BiografíaMarkku Aro

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Markku Tuomas Puputti Editar o valor en Wikidata
3 de febreiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Mouhijärvi, Finlandia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMarkku Aro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCBS Records (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1971Festival de Eurovisión 1971 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmarkkuaro.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1485738 Spotify: 10phXQ1GPuNowsGsmZJaST iTunes: 41001430 Last fm: Markku+Aro Musicbrainz: 1b013b59-f2b7-4b94-aa8b-02248015cd73 Discogs: 598076 Allmusic: mn0002293234 Deezer: 66654 Genius: Markku-aro Editar o valor en Wikidata

Markku Tuomas Puputti, máis coñecido como Markku Aro, nado o 3 de febreiro de 1950 en Mouhijärvi, é un cantante finlandés de iskelmä [1]. Foi un dos máis populares cantantes finlandeses no seu estilo na década de 1970 e representou a Finlandia no festival de Eurovisión de 1971.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante os anos de instituto creou cuns compañeiros a súa propia banda en Nokia. No verán de 1968 participou na xira de Kristiina Hautala e nese ano apareceu o seu primeiro sinxelo "Käyn uudelleen eiliseen". Aro participou na fase de cualificación para o festival de Eurovisión en 1969, 1971, 1974, 1976, 1979 e mais en 1981. En 1971 chegou á final en Dublín co dúo Koivistolaiset e Rauno Lehtinen coa canción "Tie uuteen päivään", quedando en oitavo lugar.[2]

Na década de 1970 foi un dos principais cantantes de iskelmä con éxitos como ”Hyvännäköinen”, ”Moskiitto”, ”Jestas sentään”, ”Oma kultasein”, ”Anna kaikkien kukkien kukkia”, ”Etsin kunnes löydän sun”, ”Pois sun vien”, ”Kun sä vierelläin sateessa oot” ou ”Loit elämälle pohjaa”. En 1976 publicou o que sería o seu disco máis vendido e disco de ouro, Etsin kunnes löydän sun, e que logrou vender 31 000 exemplares [3].A finais da década colaborou con Veikko Samuli nas cancións ”Keskiyön aikaan” e ”Ollaan lähekkäin. Tamén contra o final da década de 1970 e principios da de 1980 colaborou coa cantante británico-singapuresa Nisa Soraya, coa que se presentou na fase de cualificación de Eurovisión de 1981 coa canción ”Mun suothan tulla vierees sun”. Logo cambiou e colaborou con Kassu Halonen co que gravou ”Kaksi rakkainta” mais ”Kyyneleet sielun puhdistaa”, que ocupou o terceiro lugar no concurso Syksyn Sävel da MTV3 en 1989, Aro xa era unha voz habitual nese concurso, participara por primeira volta en 1969, facéndoo de novo en varias ocasións ata 1989. 

Markku Aro mantivo unha popularidade constante como intérprete, gravando con regularidade, aínda que sen lograr ningún éxito rotundo, a súa canción máis coñecida do século XXI é ”Jotain taikaa sinussa on” incluída na obra musical de 2001 Sinetti. Tamén nese ano foi un dos candidatos ao premio Iskelmä-Finlandia. En 2002 formou un grupo con Danny e Tapani Kansa cantanto éxitos dos tres cantantes na década de 1960. En 2015 participou na segunda edición do programa Tähdet, tähdet[4].

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Markku Aro (1969)
  • Oo – mikä nainen (1972)
  • Niin käy kun rakastuu (1973)
  • Oma kultasein (1974)
  • Katso luontoa ja huomaa (1975)
  • Etsin kunnes löydän sun (1976)
  • Markku Aro (1977)
  • Anna aikaa (1978)
  • Daniela (1979)
  • Mun suothan tulla vierees sun (1981, mukana Nisa Soraya)
  • Suojassa saman auringon (1982)
  • Markku Aro (1985)
  • Kaksi rakkainta (1990)
  • Rakastamme vain toisiamme (1991)
  • Käsi kädessä (1993)
  • Rakkauden toukokuu (1997)
  • Menneisyyden sillat (1999)
  • Sinetti (2001)
  • Kestän mitä vaan (2006)
  • Tilaisuus on nyt (2008)
  • Anna katse (2010)
  • Anna tulta (2013)

Compilacións

[editar | editar a fonte]
  • Parhaat päältä (1978)
  • Markku Aron parhaat (1979)
  • Parhaat (1989)
  • Markku Aro (1990)
  • 20 suosikkia – Etsin kunnes löydän sun (1995)
  • Markku Aro (1995)
  • 20 suosikkia – Rakastamme vain toisiamme (1997)
  • 20 suosikkia – Anna mun ajoissa tietää (2001)
  • Kaikki parhaat 1968-2001 (2CD) (2001)
  • Suomihuiput (2003)
  • Hitit (2004, sis. uusia levytyksiä vanhoista hiteistä)
  • Tähtisarja – 30 suosikkia (2CD) (2006)
  1. Variedade de schlager propia de Finlandia
  2. "Suomi 1971: Markku Aro & Koivistolaiset – Tie uuteen päivään Viisukuppila". Viitattu. 9 de decembro de 2016. 
  3. "Markku Aro". IFPI. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  4. "He ovat uudet Tähdet, tähdet -tähdet!". Ilta-Sanomat. 9 de decembro de 2016.