Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1948 (75 anos) Roermond, Países Baixos (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Educación | Universidade de Birmingham (pt) Universidade de Ámsterdam |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , activista polos dereitos das mulleres , guionista , realizadora |
Lingua | Lingua neerlandesa |
Marleen Gorris, nada en Roermond o 9 de decembro de 1948, é unha escritora e directora de cinema neerlandesa. Gorris é coñecida como unha feminista declarada e activista dos dereitos da comunidade LGTB, o cal se reflicte no seu traballo. En 1995, gañou un Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por Antonia, converténdose na primeira muller en conseguir o galardón nesa categoría.[1]