Mars 96 / Mars 8 | |
---|---|
Montaxe de Mars 96. | |
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrada na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 16 de novembro de 1996, 20:48 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Proton K/D-2[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[1][2] |
NSSDC ID | 1996-064A |
Masa | 3159 kg [1] |
Mars 96 ou Mars 8S foi unha sonda espacial de Rusia lanzada o 16 de novembro de 1996 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur para estudar Marte.[1][2][3]
Mars 96 foi unha misión rusa consistente nun orbitador, dúas pequenas estacións autónomas e dous penetradores de superficie para estudar a evolución e a historia xeolóxica, química e atmosférica de Marte. O orbitar estaba estabilizado nos tres eixos e tiña unha masa dunhas tres toneladas. A nave debería ter chegado a Marte o 12 de setembro de 1997 pero debido a un fallo do foguete lanzador non chegou a abandonar a órbita terrestre e terminou estrelándose o 17 de novembro de 1997 nunha área de 320 x 80 km, unha zona que incluía o océano Pacífico, Chile e Bolivia.[1][2][3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars 96 |