Marsilea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marsilea quadrifolia | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Marsilea é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, que é o tipo da familia das marsileáceas.[1]
O xénero comprende unhas 65 especies de fentos acuáticos.
O xénero foi descrito en 1753 por Linneo, na páxina 1099, do vilume II da 1ª edición da súa obra Species Plantarum.
Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos:[1]
O nome científico Marsilea foi unha homenaxe que Linnaeus lle fixo ao conde Luigi Ferdinando Marsigli (en latín, Marsilius) naturalista italiano falecido en 1730.[2]
Segundo a base de datos The Plant List, recoñécense as seguintes especies:[3]
Porén, o ITIS só recoñece as seguintes:[4]
Son pequenas plantas de aspecto infrecuente, xa que non se parecen aos fentos comúns. Os nomes vulgares dalgunhas especies inclúen trevo de auga e trevo de catro follas, debido a que as frondes presentan catro lóbulos semellantes ao trevo, e están presentes sobre a auga ou mergullados nela.
Os esporocarpos dalgunhas especies australianas son moi resistentes á seca, sobrevivindo até 100 anos en condicións de extrema sequidade. Ao mollarse, o interior xelatinoso do esporocarpo incha, dividíndoo e liberando unha masa semellante a un verme que leva os soros, levándose finalmente a cabo a xerminación das esporas e a fecundación.
Os esporocarpos dalgunhas especies australianas, como Marsilea drummondii, son comestíbeis e foron comidos polos aborixes e os primeiros colonos brancos, que o coñecían co nome de ngardu ou nardoo. Partes de Marsilea drummondii conteñen unha enzima que destrúe a tiamina (vitamina B1), provocando danos cerebrais en ovellas e cabalos. Durante as inundacións na conca do río Gwydir morreron 2 200 ovellas despois de comer nardoo. Con todo, as tres cuartas partes das ovellas afectadas responderon ás inxeccións de tiamina.[5] A deficiencia de tiamina dun nardoo mal preparado provocou probablemente a fame e a morte de Burke e Wills.[6][7]
As follas de Marsilea crenata forman parte da cociña xavanesa oriental de Indonesia, especialmente na cidade de Surabaya. Chámase Pecel Semanggi e sérvese con salsa picante de cacahuete e batata.
Algunhas especies do xénero, como Marsilea crenata, Marsilea exarata, Marsilea hirsuta e Marsilea quadrifolia, cultívanse en acuarios.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marsilea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Marsilea |