Marsilea minuta | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marsilea minuta | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Marsilea minuta L., 1771 | |||||||||||||||||
Área de distribución natural de Marsilea minuta.
| |||||||||||||||||
Subespecies e Variedades | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia[4] | |||||||||||||||||
Lista
|
Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.[6]
Cómpre non confundila con Marsilea minuta E.Fourn. 1880, que é un sinónimo de Marsilea vestita.[7]
A especie foi descrita en 1771 por Linneo na páxina 308 do volume II da súa obra Mantissa Plantarum, unha adición a Species Plantarum.[4][8]
Recoñécense unha subespecie:[8]
Ademais, tamén se recoñenen as variedades seguintes:[8]
Marsilea minuta ten unha aparencia moi variábel, polo que a miúdo leva á confusión con especies moi relacionadas. Na auga a planta está estendéndose, arrastrándose, mentres que en terra pode aparecer como unha almofada. Normalmente é perenne pero ás veces é anual. É un tenagófito, é dicir, o xuvenil crece mergullado e o adulto é tipicamente terrestre.[3]
O seu rizoma é de cor marrón claro a verde, e ten un grosor de 0,4 a 0,8 mm, con pelos curtos de cor marrón nos extremos e raíces internodais. As follas terrestres están erectas, con pecíolos de 5 a 13 cm de lonxitude. Os folíolos miden de 0,8 a 1,7 cm por de 1,2a 2 cm, e son principalmente glabros, cuneados ou flabelados.
As follas da auga normalmente non flotan, senón que emerxen. As follas fértiles están en terra, con até catro esporocarpos cada unha con pedúnculos situados preto da base do pecíolo.[7] Os esporocarpos son pequenos, de 2,6 a 4,1 mm de longo, de 2,4 a 3,1 milímetros de largo e de 1,3 a 1,7 mm de grosor.[7][9]
Marsilea minuta pode encotrarse desde o nivel do mar até os 1 950 m de altitude,[1] en lagoas e outras augas pouco profundas.[10] Pode crecer en auga doce ou salobre e en terras arxilosas ou areosas. A planta pode formar grandes colonias e pode presentar aparencia herbácea. Algúns dos seus hábitats preferidos estanse a perder por mor da agricultura, pero a debido a que medra facilmente nos campos de arroz, cunetas de drenaxe e outras áreas marxinais, a súa poboación global é estábel.[7][9] Ten o potencial de ser unha especie invasora, polo que a súa dispersión a través do comercio de acuarios e outros medios humanos debe ser limitada.[11]
Crese que M. minuta está moi relacionada con Marsilea quadrifolia.[7] Análises de filoxenia molecular do xénero Marsilea sitúan a ambas as especies nun subgrupo estendido polo Vello Mundo, tamén chamado "Marsilea", xunto con M. angustifolia, M. drummondii, M. crenata e M. fadeniana, e indican que M. crenata é realmente un sinónimo de M. minuta.[11][12]
Marsilea subgroup |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Este fento cómese na India, Sri Lanka,[13] e en Bangladesh.[14] Na China úsase como forraxe.[10] Ten un contido de proteínas do 3,3 %.[13]
A planta úsase na medicina tradicional chinesa para tratar o edema, as lesións da pel, as mordeduras de serpes e as inflamacións.[10] No distrito de Mymensingh (Bangladesh) úsase na medicina tradicional para tratar a tose, a dor de cabeza, a hipertensión arterial, os trastornos do sono e as enfermidades respiratorias.[14] Combínase con Nardostachys jatamansi (planta da familia das caprifoliáceas) e, despois do desenvolvemento feito pola botánica e farmacéutica india Asima Chatterjee,[15] vendeuse como tratamento ayurvédico para a epilepsia, medicamento chamado "Ayush-56".[16] Porén, o Ayush-56 non mostra bos resultados no tratamento da enfermidade.[17] Tamén se usa como fitorremediador do arsénico cando medra con plantas de arroz.[18][19]
Marsilea minuta L. (Marsileaceae) I Ce (3,3 %)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Marsilea minuta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Marsilea minuta |