Marsiyeh barf | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Marsiyeh barf |
Director | Jamil Rostami |
Guión | Sholeh Shariati |
Baseado en | Seyed Ahmad Miralaie |
Intérpretes | Abdollah Ahmadi Delnia Farajpour Shadi Varyani Masoud Yousefi |
Música | Fariborz Lachini |
Estudio | Mahed Film |
Estrea | 2005 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Iraq Irán |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Marsiyeh barf (en kurdo central: شیوەنی بەفر) é un filme iraquí-iraniano de 2005 rodado en lingua kurda e dirixido por Jamil Rostami. O guión foi escrito polo iraniano Sholeh Shariati. Foi escollido como o primeiro candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Nunha aldea afectada pola seca, mentres a xente reza pola choiva, unha moza kurda que intenta escapar dun matrimonio concertado atópase cun descoñecido.