Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1968 (55 anos) As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Politécnica de Madrid | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Marta Tejedor Munuera, nada nas Palmas de Gran Canaria o 28 de decembro de 1968, é unha exfutbolista e adestradora de fútbol española. Entre 2007 e 2011 foi adestradora da selección feminina de fútbol de Chile. Tamén dirixiu a selección feminina de fútbol do Perú, e no presente forma parte da dirección do equipo de fútbol feminino español CD Tacón.[1]
Comezou a practicar o fútbol a temperá idade. Aos 17 anos realizou o seu último curso no Pomona High School en Denver, Estados Unidos, escola onde integrou a selección feminina de fútbol. Ó seu regreso a España estudou Educación Física na Universidade Politécnica de Madrid, ó mesmo tempo que realizou a preparación para ser adestradora, da que egresou en 2000 como a mellor da súa promoción.[2][3]
Dirixiu o Club Atlético de Madrid Feminino nas tempadas 2002-2003 e 2003-2004. O 14 de xuño de 2007 foi presentada como adestradora da Selección feminina de fútbol de Chile polo presidente da Asociación Nacional de Fútbol Profesional Harold Mayne-Nicholls. Tralos Xogos Panamericanos de 2011, onde a selección foi eliminada na fase de grupos, Tejedor foi sacada do cargo pola ANFP.[4]
Posteriormente, e na súa calidade de instrutora de fútbol feminino pola FIFA foi asesora en países como Guinea Ecuatorial, Rusia e Israel.[5]