Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1967 Bratislava, Eslovaquia |
Morte | 20 de novembro de 2023 (56 anos) |
Minister of Education, Science, Research and Sport (en) | |
13 de setembro de 2017 – 21 de marzo de 2020 ← Gabriela Matečná (en) – Branislav Gröhling (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Comenius University, Faculty of Mathematics, Physics and Informatics (en) - Biofísica CERGE-EI (en) Facultade de Dereito da Universidade Comenius de Bratislava - Doutora en filosofía University of Economics in Bratislava (en) - Doutora en filosofía |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereito, economía e política |
Ocupación | política, docente, avogada, economista, xurista |
Empregador | Slovak Academy of Sciences (en) |
Partido político | Partido Nacional Eslovaco (pt) |
Martina Lubyová, nada o 12 de maio de 1967 en Bratislava, e finada o 20 de novembro de 2023, foi unha economista e política eslovaca.
Filla do físico Štefan Luby, estudou primeiro xornalismo (1986-1988) co exame estatal de acreditación incluído e diplomouse en biofísica na Facultade de Matemáticas e Física da Universidade Comenius de Bratislava (UCB) en 1991 [1]. Entre 1995 e 2000 traballou como investigadora no Instituto de Previsións da Academia Eslovaca de Ciencias en Bratislava. En 1997 licenciouse en dereito na UCB e de 1999 ao ano 2000 foi asesora legal do Ministerio de Finanzas [2]. En 1999 obtivo dous doutoramentos, en dereito na Universidade Comenius e en estatística na Universidade de Economía de Bratislava. Desde 2000 ata 2010 traballou para a Organización Internacional do Traballo, principalmente na súa sede de Moscova [2] e no ano 2002[2]logrou o doutoramento polo Center for Graduate Education - Economics Institute de Praga, asociada á Universidade Estatal de Nova York.
Dende 2010 traballou como investigadora Instituto de Pevisións da Academia de Ciencias de Eslovaquia que dirixiu a partir de 2013 [3]. O 1 de outubro de 2015 o Instituto de Previsións xunto co Instituto de Psicoloxía Experimental e mais o Instituto de Ciencias Sociais formaron o Centro de Ciencias Sociais e Psicolóxicas da Academia de Ciencias de Eslovaquia e Lubyová ocupou o cargo de subdirectora[4]. Ensinou estatísticas e estatísticas sociais na Facultade de Informática Empresarial da Universidade de Economía de Bratislava [1] e dende xuño de 2017 tamén é membro do Presidium da Academia de Ciencias de Eslovaquia [5]
O 11 de setembro de 2017 o Partido Nacional Eslovaco presentouna para dirixir o Ministerio de Educación [6] no goberno de coalición de Robert Fico e xurou o seu cargo o 13 de setembro de 2017.
En xaneiro de 2019 xurdiron dúbidas sobre a transparencia na redistribución de fondos á ciencia e á investigación. Durante a avaliación de proxectos, polo menos nun dos casos houbo unha inxerencia inxustificada na avaliación do ministerio, e a ministra destituíu ao director xeral da sección de ciencia e tecnoloxía[7]. Cesou do seu cargo o 21 de marzo de 2020 tras a celebración de eleccións xerais [8] e a dimisión do goberno de Peter Pellegrini.