Mary Lowe Good, nada en Grapevine, Texas o 20 de xuño de 1931 e finada en Little Rock o 20 de novembro de 2019,[1] foi unha química inorgánica estadounidense que fixo investigación industrial e traballou para o goberno do seu país .
Licenciouse na Universidade de Arcansas cunha licenciatura en economía doméstica e máis tarde licenciouse en química e física.[2] Doutorouse en 1955 pola Universidade de Arcansas.[3] En 1980 foi nomeada para o National Science Board da National Science Foundation (NSF) por Jimmy Carter e en 1986 foi nomeada para o cargo de novo por Ronald Reagan.[4] George Bush nomeoua en 1991 como presidenta do Consello de Asesores en Ciencia e Tecnoloxía, sendo a primeira muller en dirixir ese órgano.
As súas áreas de investigación incluíron a radioquímica e a espectroscopia de raios gamma Mössbauer para determinar a estrutura molecular de compostos complexos de ións metálicos, en particular do elemento rutenio. Dedicou unha parte importante da súa carreira a impulsar actividades de I+D en universidades, empresas privadas e goberno.