![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Mombasa, Kenya ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Sitio web | maryoyaya.com ![]() |
![]() ![]() |
Mary Oyaya nada en Mombasa é unha actriz kenyana recoñecida polo seu papel como a Mestra Jedi Luminara Unduli en Star Wars Episode II: Attack of the Clones e en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith.
É a maior de catro irmáns e é filla de diplomáticos. Graduouse na "Alliant International University" en Relacións Internacionais e foi galardoada con dous graos de mestría en Relacións Internacionais e o Desenvolvemento Social Internacional pola Universidade de Nova Gales do Sur (UNSW) en Sidney (Australia), país no que reside actualmente[1].
A súa carreira comezou con anuncios de televisión, pasando despois á pequena e á gran pantalla con papeis en filmes como Lost Souls, Farscape, Canguro Jack, Matrix Reloaded e Matrix Revolutions.
O punto de inflexión na súa carreira chegoulle no 2002 cando foi elixida para desempeñar un papel Star Wars Episode II: Attack of the Clones e en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith. Inicialmente tiña que interpretar a un dos senadores do "Senado Galáctico" en Coruscant, pero máis tarde decidiron que fixera de Luminara Unduli, a Mestra Jedi e Xeneral da República Galáctica.
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2010 | ITW | narradora en voz | Documental (Tradución ó galego:Imaxe do mundo) |
2005 | Star Wars Episode III: Revenge of the Sith | Luminara Unduli | |
2003 | Matrix Revolutions | Soldado de Sión | |
2003 | Matrix Reloaded | Soldado de Sión | |
2002 | Star Wars Episode II: Attack of the Clones | Luminara Unduli | |
2001 | Farscape | Figurante | |
2001 | Canguro Jack | Figurante | |
1999 | Lost Souls | Figurante |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Oyaya ![]() |