Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1974 (50 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
María Abel Diéguez, nada o 24 de outubro de 1974 en Lugo, é unha atleta galega.[1]
Foi campioa de España promesa de 5 000 metros en 1996. Nese mesmo ano acadou a mellor marca de España sub-23 na distancia de 2 000 metros.
Participou nos Xogos Olímpicos de Sydney no 2000 na categoría de 10 000 metros; e nos de Atenas do 2004 en maratón.[2][3]
Como corredora de cross foi campioa de España nos anos 2000 (Ourense) e 2003 (Ibiza), nesta especialidade xa participara no Campionato do Mundo na categoría júnior en Amorebieta (Biscaia) no 1993.
Tamén participou en catro Campionatos de España na distancia de 10 000 metros, onde quedou campioa en Salamanca no ano 1997, en 3º posto en Cáceres no ano 1999, e en Xixón no ano 2000, onde fixo a mellor marca da súa vida nesta distancia (32:02:2); no 2001 en Mataró quedou en 4ª posición. Tamén empezou a competir medio maratón e maratón.
No Maratón de Rotterdam 2001 acadou o 3º posto cunha marca de 2:69:46 h. En 2002 gañou o Maratón de Valencia (2:28:07) -a mellor marca nesa data dunha muller na carreira-[4] e o de Frankfurt, neste último acadou a mellor marca da súa vida (2:26:58).
En canto a medio maratón, participou no Mundial de Palermo no 1999 e no de Bruxelas no ano 2002. Foi campioa no medio maratón en Arona, Tenerife, no 2001 (1:13:30); no de Azkoitia Azpeitia no 2005 quedou no 3º posto cun tempo de 1:16:50 h.
A nivel galego acadou catro títulos galegos en pista, dous de 3 000 metros (1994 e 1995, Vigo cuns tempos de 9.33.76 e 9.56.02 respectivamente) un de 1 500 metros (1996, Santiago de Compostela, cun tempo de 4.33.78) e outro de 5 000 (1997, Vigo, 16.38.67).
Despois dos xogos de Atenas comezóu con problemas estomacais que fixeron que deixara a súa carreira deportiva no ano 2008.[4]