![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1982 ![]() |
Secretary of Foreign Affairs of Honduras (en) ![]() | |
27 de marzo de 2017 – 23 de xullo de 2019 ← Arturo Corrales (en) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Heidelberg Universidade de Chile Universidade Nacional Autónoma de Honduras ![]() |
Actividade | |
Ocupación | diplomática ![]() |
María Dores Agüero Lara, nada en 1982, é unha política e diplomática hondureña. Foi secretaria de Estado de Relacións Exteriores e Cooperación Internacional do seu país desde o 27 de marzo de 2017 até o 23 de xullo de 2019.
O seu pai foi vicepresidente do Banco Atlántida. Ten un irmán e unha irmá.[1] Estudou Ciencias Xurídicas con orientación en Dereito Internacional na Universidade Nacional Autónoma de Honduras e realizou unha mestría en Dereito Internacional, Investimentos, Comercio e Arbitraxe da Universidade de Chile e a Universidade de Heidelberg co apoio do Instituto Max Planck de Dereito Público Comparado e o Instituto de Estudos Internacionais da Universidade de Chile.[2][3]
Foi asesora legal do Consello Hondureño da Empresa Privada (COHEP) e asociada do bufete de avogados López Rodezno. Comezou a traballar no Ministerio de Relacións Exteriores e Cooperación Internacional en 2010.[1] Dentro desta secretaría traballou como Asesora Legal en materia de Promoción de Investimentos e Comercio, e foi membro do comité organizador do evento Honduras Is Open For Business en 2011, coordinadora da Presidencia pro-Tempore do Sistema da Integración Centroamericana (SICA) e Directora de Integración en 2012.[4]
En 2013 uniuse ao Servizo Diplomático e Consular de Honduras. Foi comisionada presidencial da Integración, representante por Honduras ante o Comité Executivo do SICA, e representante e voceira na Comisión de Seguridade de Centroamérica. Representou a Honduras en diferentes foros internacionais das Nacións Unidas e participou nos Consellos de Ministros de Relacións Exteriores do SICA, da Asociación de Estados do Caribe (AEC), da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC), da Organización de Estados Iberoamericanos (OIE) e da Organización dos Estados Americanos (OEA).[2][3]
Foi nomeada viceministra de Relacións Exteriores en decembro de 2015 e ministra desta Secretaría o 27 de marzo de 2017 —en substitución de María Andrea Matamoros, quen se desempeñaba de maneira interina trala renuncia de Arturo Corrales.[2] Foi substituída nese cargo o 23 de xullo de 2019, e pasou a ser nomeada embaixadora de Honduras en Washington o 15 de agosto.[5][6]