Maud Wagner

Modelo:BiografíaMaud Wagner
Biografía
NacementoMaud Stevens
12 de febreiro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Condado de Lyon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1961 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Lawton, Oklahoma, U.S.
Actividade
Ocupacióntatuadora (pt) Traducir, acróbata, contorcionista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGus Wagner Editar o valor en Wikidata
PaiDavid Van Buran Stevens Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Stevens-11586 Find a Grave: 144009612 Editar o valor en Wikidata

Maud Stevens Wagner (de solteira Stevens), nada en Emporia (Kansas) o 12 de febreiro de 1877 e finada en Lawton (Oklahoma) o 30 de xaneiro de 1961, foi unha artista de circo estadounidense. Foi a primeira muller tatuadora da que se ten constancia nese país.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de David Van Bran Stevens e Sarah Jane McGee, Wagner foi acróbata e contorsionista, e traballou en numerosos circos ambulantes. Coñeceu a Gus Wagner (un tatuador que se describía a si mesmo como «o home con máis tatuaxes artísticas dos EUA») de xira con circos e feiras.[1] Foi en 1904 na Exposición Universal de San Luis, onde Maud traballaba como acróbata. Tivo unha cita romántica con el para aprender a tatuar e casaron varios anos máis tarde. A súa filla, Lotteva, iniciouse na tatuaxe con nove anos e converteuse en tatuadora.[2]

Como aprendiza do seu marido, Wagner aprendeu a técnica tradicional do handpoke, malia que Samuel O'Reilly inventara a máquina de tatuar o 8 de decembro de 1891.[3] Ambos foron dous dos últimos tatuadores que traballaban a man, sen axuda de máquinas modernas.[4]

Tras deixaren o circo, Maud e Gus viaxaron polos Estados Unidos. Traballaron como tatuadores e tamén se exhibiron como "atraccións" en teatros de vodevil e feiras de condado. Amais, levaron a arte da tatuaxe ao interior do país, lonxe das áreas de litoral onde se iniciara.[5]

Maud morreu de cancro vinte anos despois de Gus, o 30 de xaneiro de 1961, na casa da súa filla en Lawton (Oklahoma). Esta enterrada no Cemiterio de Homestead (Kansas).

  1. Oxinalde, Susana M. (23 de abril de 2023). "Maud Wagner: la tatuadora profesional que sacudió los estigmas". Deia (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  2. Lokke, Maria (15 de xaneiro de 2013). "A Secret History of Women and Tattoo". The New Yorker (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  3. Hudson, Karen L. (2007). Chick Ink: 40 Stories of Tattoos--And the Women Who Wear Them (en inglés). Simon and Schuster. ISBN 9781440517068. 
  4. Sloan, Mark (1990). Hoaxes, Humbugs and Spectacles (en inglés). Villard. ISBN 9780394585116. 
  5. Wertkin, Gerard C., ed. (2004). Encyclopedia of American folk art (en inglés). Routledge. p. 510. ISBN 9780203644485.