![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1935 ![]() Crema, Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 22 de agosto de 2001 ![]() Crema, Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1969), adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Mauro Bicicli, nado en Crema o 15 de xaneiro de 1935[1] e finado no mesmo lugar o 22 de agosto de 2001, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como dianteiro.
Tras comezar a súa carreira no Crema fichou polo Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 17 de abril de 1955 fronte ao Genoa. Xogou no club lombardo de xeito intermitente durante a seguinte década, con cesións e pasos por outros equipos. Disputou un total de 182 partidos coa camiseta nerazzurra e marcou 27 goles. Gañou dous títulos da Serie A e en 1967 foi aliñado por Helenio Herrera como titular na final da Copa de Europa, en substitución do centrocampista galego Luis Suárez, que estaba mancado.[2] O equipo italiano acabou perdendo aquel partido por 2-1 contra o Celtic.
Trala súa retirada foi adestrador, comezando a súa carreira nos bancos como técnico do equipo xuvenil do Brescia. Adestrou ademais o primeiro equipo en dúas ocasións, a primeira delas en 1977, na Serie B, para substituír a Antonio Angelillo, e a segunda en 1982, como substituto de Maurizio Bruno na Serie C1.[3] Posteriormente pasou polos bancos do Ospitaletto, Fanfulla e Legnano. Faleceu dun cancro de fígado en 2001, aos 66 anos.