Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1996 (28 anos) Xenebra, Suíza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Maxime Dominguez, nado en Xenebra o 1 de febreiro de 1996 en Xenebra, é un futbolista suízo, de orixe galega, que xoga de centrocampista no Miedź Legnica da segunda división polaca.
Naceu en Xenebra, sendo fillo dunha suíza e dun galego natural do barrio coruñés dos Mallos.[1] Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Servette FC da súa cidade natal, subindo ao primeiro equipo en 2014. Debutou co primeiro eqiupo na Challenge League o 17 de febreiro de 2014 contra o FC Vaduz.[2] Marcou o seu primeiro gol nove días despois, na vitoria por 1-4 contra o FC Chiasso.[3]
En febreiro de 2015 saíu cedido ao FC Zürich e en outubro o club incorporou ao xogador en propiedade. Entre 2016 e 2020 xogou no Lausanne-Sport e tras pasar polo Neuchâtel Xamax,[4] deixou en 2021 o fútbol suízo para fichar polo Miedź Legnica da segunda división polaca.[5]
Foi internacional nas categorías inferiores da selección suíza.