McDonnell F3H Demon | |
---|---|
Tipo | caza embarcado |
Fabricante | McDonnell Aircraft |
Primeiro voo | 7 de agosto de 1951 |
Introducido | 7 de marzo de 1956 |
Retirado | 1964 |
Estado | retirado |
Unidades construídas | 519 |
O McDonnell F3H Demon foi un caza a reacción subsónico, con á en frecha e embarcado da Armada dos Estados Unidos. Despois de varios problemas co motor Westinghouse J40 que foi finalmente descartado, o sucesor do McDonnell F2H Banshee comezou a operar en 1956 redeseñado co motor Allison J71.[1] Aínda que non tiña potencia suficiente para voos supersónicos, complementou a cazas diúrnos como o Vought F8U Crusader e o Grumman F11F Tiger en condicións todo-tempo, e como interceptador armado con mísiles ata 1964.[2]
Foi retirado antes de que puidese servir na Guerra do Vietnam e foi substituído na clase Forrestal e en portaavións semellantes polo exitoso McDonnell Douglas F-4 Phantom II. O Phantom, que tiña tamén capacidade de ataque a terra, caza e bombardeo, tiña unha certa semellanza, xa que foi concibido como un desenvolvemento avanzado do Demon. O avión supersónico da USAF McDonnell F-101 Voodoo tiña un deseño semellante, pero estaba baseado no anterior XF-88 Voodoo, que tamén influenciou o deseño do Demon.