Melanargia ines | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melanargia ines - Medioluto Inés | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
|
A Melanargia ines é un lépidoptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia das Satyrinae e ao xénero Melanargia.[1]
Melanargia ines foi descrita por Johann Centurius von Hoffmannseggen en 1804.[2]
É unha bolboreta de tamaño mediano que presenta nas ás anteriores un debuxo delimitado en negro e branco cun bocelo no ápice e nas ás posteriores unicamente os debuxos dos contornos das súas ás cunha liña de ocelos.
O dorso debuxa en negro os límites dos debuxos e os ocelos do ápice das ás anteriores e os ocelos en liña son visibles de cor marrón clara, pupila azul e un círculo de dúas liñas brancas negras aliñadas.
Univoltina, o período de voo esténdese de final marzo a final xuño nunha soa xeración.[4][5]
A eiruga aliméntase de gramíneas, en particular Brachypodium pinnatum,[6][7]
Melanargia ines está presente en África do Norte, Marrocos, Alxeria, Tunisia e Libia e en todoPortugal e España (salvo a zona a máis ao norte).[6]
Reside en lugares con herba seca, áreas rochosas, compartindo hábitat frecuentemente con Melanargia occitanica.
Está en status de especie ameazada en Marrocos.[3]