Meleagridinos Meleagridinae Rango fósil: mioceno temperán - actualidade 23 - 0 Ma | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meleagris gallopavo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros e Especies (Taxons viventes e fósiles) | |||||||||||||||
|
A dos meleagridinos (Meleagridinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe os pavos e algunhas especies fósiles estreitramente relacionadas.
A inclusión desta sufamilia dentro dos fasiánidos foi recoñecida recentemente baseándose en estudos filoxenéticos moleculares que demostraron a súa relación cos tetraoninos.[1]
A subfamilia foi descrita en 1840 polo farmacéutico e zoólogo inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray (irmán máis novo do famoso John Edward Gray), baixo o nome de Meleagridoidea.[2]
O nome Meleagridinae está formado sobre a raíz Meleagri-, do seu xénero tipo, Meleagris, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais, coa inclusión dun d epentético entre amnbos os elemantos para facilitar a pronuncia.
En canto ao xénero, está tirado do grego antigo μελεαγρίς meleagrís, 'galiña de Guinea'.[3]
Ana actualidade só se coñece un único xénero na subfamilia, con dúas especies actualmente viventes:[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meleagridinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Meleagridinos |