Melitaea parthenoides | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melitaea parthenoides | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Melitaea parthenoides é unha bolboreta da familia Nymphalidae descrita por Keferstein en 1851. Pódese atopar no sur de Europa occidental, máis especificamente na Península ibérica, ao suroeste de Francia e Alemaña, partes dos Alpes italianos, Ligures e Cottianos, e algunhas rexións de Suíza.[1]
A envergadura das súas ás é de entre 28 a 34 mm. En climas secos, con clima favorable os adultos son bivoltinos, voan en dúas xeracións, de maio a xuño e de agosto a setembro. En altitudes altas, é univoltina cunha xeración de xuño a xullo.[2]
As eirugas aliméntanse da especie Plantago, pero principalmente Plantago lanceolata.
Zonas con herba, abertas con flores, límites de bosques.[3]
A eiruga aliméntase de Plantago lanceolata, Plantago alpina, e Plantago media.
Ovos agrupados no envés das follas, as eirugas aliméntanse e hibernan en grupo, dispersándose nos seus últimos estadios de crecemento.[3]