Melitaea trivia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melitaea trivia, femia. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Melitaea trivia é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae descrito por Denis & Schiffermüller en 1775.[1][2]
Distribúese polo sur de Europa, Turquía, Oriente Medio, Irán, Afganistán, sur de Rusia, Kazakhstán, norte de Paquistán e norte da India. Na Península Ibérica atópase na Cordilleira Cantábrica, poboacións ao norte e centro e algunha illada nas principais serras andaluzas.[1]
Zonas con flores, cálidas e secas; tamén campos de cultivo abandonados. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Verbascum, na Península Ibérica sobre todo de Verbascum thapsus e Verbascum pulverulentum.[1]
Bivoltina, dúas xeracións ao ano: a primeira entre mediados de abril e comezos de maio e a segunda entre xuño e agosto. Hiberna como eiruga en niños de seda.[1]