O membranoma foi definido como o conxunto de membranas biolóxicas que existen nun determinado organismo ou ben como o conxunto dos seus compoñentes químicos, especialmente proteicos.
O termo co significado de conxunto de membranas dun organismo foi proposto polo biólogo británico Thomas Cavalier-Smith[1] para discutir a epixenética das membranas biolóxicas e a evolución. Por exemplo, a orixe endosimbiótica das mitocondrias debeuse á adquisición por unha célula dun xenoma e un membranoma doutro organismo.[2] Para comprender a evolución da célula debe considerarse non só os xenomas senón tamén a aevolución do membranoma: o conxunto de diferentes "membranas xenéticas" (denominación que usa Cavalier-Smith) que constitúen unha rede coherente supramolecular.[3] Cavalier-Smith suxeriu que os eventos cruciais na evolución das células e dos principais grupos de seres vivos estiveron asociados con cambios herdables no membranoma. Distingue 18 tipos de "membranas xenéticas" herdables.[4]
O termo foi tamén usado para definir o conxunto completo de proteínas de membrana dun organismo[5] ou unha combinación do proteoma e do lipidoma das membranas. Existe unha base de datos con información sobre proteínas de membrana bitópicas chamada Membranome.[6]
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |