Memorial Sloan Kettering Cancer Center | |
---|---|
Tipo | hospital e instituto de investigación |
Data de fundación | 1884 |
Nomeado en referencia a | Alfred P. Sloan e Charles Kettering |
Presidente/a | Craig B. Thompson (pt) (2010-) |
Sede | Nova York |
En | Manhattan |
País | Estados Unidos de América |
40°45′51″N 73°57′24″O / 40.7641, -73.9568 | |
Na rede | |
https://www.mskcc.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Memorial Sloan Kettering Cancer Center (MSK ou MSKCC) é unha institución de investigación e tratamento do cancro en Manhattan, na cidade de Nova York. O seu campus principal está situado en 1275 York Avenue entre as rúas 67 e 68 en Manhattan. É un hospital de investigación e terapia que opera como unha entidade sen ánimo de lucro, que reinviste os seus excedentes financeiros no seu propio crecemento e mellora. O MSKCC é un dos 52 Centros Integrais do Cancro designados polo National Cancer Institute.[1] [2]
Foi fundado en 1884 como New York Cancer Hospital.
O Memorial Sloan Kettering Cancer Center (MSK), que se formou en 1980 pola fusión do Hospital Memorial e o Instituto Sloan-Kettering, converteuse nun dos principais centros de investigación e tratamento do cancro.[3]
Durante o mandato de Harold Varmus, ex-director do NIH, a partir do 2000, o MSK fortaleceu a súa infraestrutura de investigación e as súas colaboracións con outras institucións, incluíndo a Weill-Cornell Medical College e a Rockefeller University.[4]
En 2006, foi inaugurado o Centro de Investigación Mortimer B. Zuckerman.
En 2010, Craig B. Thompson foi nomeado presidente e director xeral de MSK e, baixo a súa dirección, o MSK logrou recoñecemento pola súa investigación farmacéutica.
En 2017, unha inmunoterapia desenvolvida polo MSK, a CAR-T, foi aprobada para tratar certos tipos de leucemia e linfoma. Desde entón, o MSK expandiuse rexionalmente, abriu un centro na India, e en 2022 recibiu unha importante doazón para impulsar a investigación básica do cancro.
En 2015, Charity Watch valorou o Memorial Sloan Kettering Cancer Center como "A" (sobresaínte). Os xefes da organización benéfica recibiron un salario ou compensación de 2.107.939 dólares a 2.639.669 dólares. O CEO Craig B. Thompson recibiu $2,554,085 de salario/compensación da organización benéfica.[5]
Segundo o informe 2021-2022 dos Best Hospitals (Mellores Hospitais) de U.S. News & World Report, o Memorial Sloan Kettering Cancer Center está clasificado como o segundo mellor hospital para o coidado do cancro dos Estados Unidos de América, despois do MD Anderson Cancer Center en Houston.[6]
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Memorial Sloan Kettering Cancer Center |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |