Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Μέναιχμος c. 380 a. C. Alokopennesos, Grecia Antiga (en) |
Morte | c. 320 a. C. (59/60 anos) Cízico, Turquía (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría |
Ocupación | matemático, astrónomo |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Profesores | Eudoxo de Cnido |
Familia | |
Irmáns | Deinostratos |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Menecmo (Μέναιχμος), nado c. -380 e finado c. -320, foi un filósofo e matemático grego. Nado en Alopeconeso (actual península de Gallipoli, Turquía) e coñecido pola súa amizade co gran filósofo Platón.
Aínda que se sabe que foi o descubridor das seccións cónicas na procura dunha solución para a duplicación do cubo, o certo é que non se dispón del máis que referencias doutros autores moi posteriores.
Cítao Proclo (século V) quen nos di que foi discípulo de Eudoxo de Cnido. Tamén se menciona en Suídas (século X) que lle atribúen obras de filosofía e tres libros sobre a República de Platón. Por unha anécdota narrada por Estobeo (século V) suxírese que puido ser titor de Alexandre Magno. Segundo Estobeo, cando Alexandre lle preguntou unha forma rápida de aprender xeometría, Menecmo respondeu:
Parece que foi o primeiro en demostrar[1] que a elipse, a parábola e a Hipérbole se obteñen cortando un cono cun plano non paralelo á base. Eutocio, no seu libro Sobre a esfera e o cilindro describe o método empregado por Menecmo que se basea no cálculo de dúas medias proporcionais entre dúas rectas ( e ) de tal xeito que . En termos modernos, é o mesmo que resolver simultaneamente calquera par das seguintes tres ecuacións: