Nome orixinal | (el) Μένης Κουμανταρέας ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xaneiro de 1931 ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Morte | 5 de decembro de 2014 ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Causa da morte | homicidio ![]() |
Lugar de sepultura | Primeiro Cemitério de Atenas (pt) ![]() ![]() |
Residencia | Kypseli, Athens (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Atenas - xurisprudencia, filosofía ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, escritor ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Aristomenis (Menis) Koumantareas[1] (Αριστομένης (Μένης) Κουμανταρέας no alfabeto grego), nado en Atenas o 4 de xaneiro de 1931 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2014, foi un aclamado escritor grego.[2]
Koumandareas cursou Filosofía e Dereito da Universidade de Atenas, así como tamén interpretación teatral, sen chegar a concluír ningún deses estudos. Traballou durante un tempo como xornalista e despois como comericial para navieiras e compañías de seguros.[3]
Dende 1961 até a súa morte, exerceu profesionalmente como escritor e tradutor. Os seus textos foron publicados en moitos xornais e revistas literarias gregas.
Koumandareas foi achado morto, vítima de asasinato por estrangulamento, o 6 de decembro de 2014, no seu apartamento en Atenas.[4] Dous homes romaneses foron prendidos como sospeitosos, Ştefan Mătăsăreanu (25) e Cosmin Găitan (29). O primeiro, un vello coñecido do autor, foi identificado grazas á descrición feita polo finado na súa derradeira novela.[5]