Messina Chasma | |
---|---|
O gran cráter Xertrude, na parte superior dereita e Messina Chasma, o gran canón de Titania, na parte inferior esquerda da fotografía. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Titania |
Lonxitude | 1492 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 33,3° S 335° E[1] (coord. centrais) |
Procedencia do nome | vila que aparecen na obra de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1] |
Messina Chasma é o canon máis grande da superficie da lúa de Urano, Titania; recibiría o nome dunha das vilas que aparecen na comedia de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1]
O canon-depresión ten 1.492 km de lonxitude e está composto por dúas fallas normais que corren en dirección NO-SL, estas fallas levan consigo a formación de bloques na superficie chamados graben e horst, os graben serían os bloques que estarían nas depresións das fallas e os horst serían os bloques elevados entre as fallas (vésaxe o diagrama para visualiza-lo fenómeno).[2] O canon corta varios cráteres de impacto, o cal probablemente significa que a formación desta Chasma sucedeu nun estadio relativamente tardío na evolución da lúa,[3] cando o interior de Titania se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.[4] A chasma ten un pouquiños cráteres superpostos, o que reafirma que está chasma é unha estrutura xeolóxica relativamente nova. Messina Chasma foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[2]