Metilidinafosfano | |
---|---|
![]() |
![]() |
Metilidinafosfano | |
Outros nomes Fosfaetina | |
Identificadores | |
Número CAS | 6829-52-3 |
PubChem | 138843 |
ChemSpider | 122445 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | CHP |
Masa molar | 43,99 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A metilidinafosfano ou fosfaetina é un composto químico coa fórmula HCP, que foi o primeiro composto fosfoalcalino que se descubriu, que contén un triplo enlace carbono-fósforo pouco común.
A metiledinafosfano é o análogo con fósforo do cianuro de hidróxeno, no cal o nitróxeno nitrilo foi substituído por un fósforo. Pode sintetizarse por reacción da fosfina con carbono,[1] pero é extremadamente reactivo e polimeríase rapidamente a temperaturas por riba dos −120 °C. Porén, existen varios tipos de derivados con grupos químicos voluminosos, como o ter-butil ou trimetilsilil, que substitúen ao átomo de hidróxeno, que son moito máis estables, e son reactivos útiles para a síntese de varios compostos organofosforados.[2] Tamén se coñecen os anións PCO− e PCS−.[3]
Aínda que a existencia desta molécula fora discutida anteriormente,[4] e fixéranse uns primeiros intentos de preparala (véxase máis adiante), a primeira síntese con éxito de metilidinafosfano na súa forma protio fixoa en 1961 T.E. Gier de E. I. duPont de Nemours, Inc.;[1][5] e os primeiros informes da preparación do seu sal sódico foron considerados irreproducibles no laboaratorio por este autor. Este composto estivo implicado nunha explosión que matou a química Vera Bogdanovskaia, cando intentaba producilo en 1896, que foi unha das primeiras mulleres químicas rusas.[6][7][8]