Expertos en adicción en psiquiatria, química, farmacoloxía, ciencia forense, epidemioloxía, e a policía e servizos legais realizaron unha análise polo método Delphi sobre 20 drogas recreativas populares. A 4-MTA quedou situada no posto 12º en canto á dependencia, no 10º en danos físicos e no 17º e danos sociais.[4]
A 4-MTA é un forte liberador de serotonina similar á parametoxianfetamina (PMA), que pode causar unha pronunciada hipertermia que podería orixinar un fallo orgánico e a morte.[5][6][7][8] Os efectos subxectivos da 4-MTA inclúen a estimulación prolongada, que, en contraste con outras anfetaminas, está acompañada por pouca sensación de euforia.[9] A 4-MTA é tamén un inhibidor da MAO-A, o que pode explicar a súa tendencia a causar facilmente efectos adversos, xa que os MAOI non se consideran seguros para o seu uso xunto con estimulantes.[10][11][12]
O composto desenvolveuno o equipo de investigación liderado por David E. Nichols,[13] pero pretendíase que se usase só como un axente para a investigación de laboratorio sobre a proteína trasnsportador de serotonina, e Nichols dixo lamentar ver como a 4-MTA aparecía como droga de abuso nas rúas.[14]
A 4-MTA vendeuse en smart shop en Países Baixos, aínda que axiña foi prohibida polo goberno despois de que empezaron a aparecer serios efectos secundarios. Tamén se vendeu brevemente no mercado negro como MDMA durante os anos finais da década de 1990, principalmente nos Estados Unidos, pero fíxose impopular debido ao seu alto risco e os graves efectos secundarios (informouse de varias mortes) e a falta relativa da creación de euforia positiva.
En Reino Unido a 4-MTA está na lista das drogas de clase A, pero propúxose que se reclasifique como de clase B.[15] Tamén é unha substancia controlada na Arxentina (como tamén 2C-B, 2C-I e 2C-T-2).[16] A 4-MTA non está regulada a nivel federal nos Estados Unidos, pero é unha substancia controlada en Wisconsin.[17]
↑Huang X, Marona-Lewicka D, Nichols DE (1992). "p-methylthioamphetamine is a potent new non-neurotoxic serotonin-releasing agent.". Eur J Pharmacol229 (1): 31–38. PMID1473561. doi:10.1016/0014-2999(92)90282-9.
↑Li, Q; Murakami, I; Stall, S; Levy, AD; Brownfield, MS; Nichols, DE; Van De Kar, LD (1996). "Neuroendocrine pharmacology of three serotonin releasers: 1-(1,3-benzodioxol-5-yl)-2-(methylamino)butane (MBDB), 5-methoxy-6-methyl-2-aminoindan (MMAi) and p-methylthioamphetamine (MTA).". The Journal of Pharmacology and Experimental Therapeutics279 (3): 1261–7. PMID8968349.
↑Murphy, J; Flynn, JJ; Cannon, DM; Guiry, PJ; McCormack, P; Baird, AW; McBean, GJ; Keenan, AK (2002). "In vitro neuronal and vascular responses to 5-hydroxytryptamine: modulation by 4-methylthioamphetamine, 4-methylthiomethamphetamine and 3,4-methylenedioxymethamphetamine.". European Journal of Pharmacology444 (1–2): 61–7. PMID12191583. doi:10.1016/S0014-2999(02)01586-8.
↑Nutt, D; King, LA; Saulsbury, W; Blakemore, C (24 March 2007). "Development of a rational scale to assess the harm of drugs of potential misuse.". Lancet369 (9566): 1047–53. PMID17382831. doi:10.1016/s0140-6736(07)60464-4.
↑Elliott, SP (2000). "Fatal poisoning with a new phenylethylamine: 4-methylthioamphetamine (4-MTA)". Journal of analytical toxicology24 (2): 85–89. PMID10732944. doi:10.1093/jat/24.2.85.
↑De Letter, EA; Coopman, VA; Cordonnier, JA; Piette, MH (2001). "One fatal and seven non-fatal cases of 4-methylthioamphetamine (4-MTA) intoxication: clinico-pathological findings". International journal of legal medicine114 (6): 352–6. PMID11508803. doi:10.1007/s004140100204.
↑Decaestecker, T; De Letter, E; Clauwaert, K; Bouche, MP; Lambert, W; Van Bocxlaer, J; Piette, M; Van Den Eeckhout, E; Van Peteghem, C; De Leenheer, A (2001). "Fatal 4-MTA intoxication: development of a liquid chromatographic-tandem mass spectrometric assay for multiple matrices". Journal of analytical toxicology25 (8): 705–10. PMID11765028. doi:10.1093/jat/25.8.705.
↑Smets, G; Bronselaer, K; De Munnynck, K; De Feyter, K; Van De Voorde, W; Sabbe, M (2005). "Amphetamine toxicity in the emergency department". European Journal of Emergency Medicine12 (4): 193–7. PMID16034267. doi:10.1097/00063110-200508000-00010.
↑Carmo, H.; Brulport, M.; Hermes, M.; Oesch, F.; De Boer, D.; Remião, F.; Carvalho, F. L.; Schön, M. R.; Krebsfaenger, N.; Doehmer, J.; Bastos Mde, M. D. L.; Hengstler, J. G. (2007). "CYP2D6 increases toxicity of the designer drug 4-methylthioamphetamine (4-MTA)". Toxicology229 (3): 236–244. PMID17156908. doi:10.1016/j.tox.2006.10.024.
↑Huang, X; Marona-Lewicka, D; Nichols, DE (1992). "p-methylthioamphetamine is a potent new non-neurotoxic serotonin-releasing agent". European Journal of Pharmacology229 (1): 31–38. PMID1473561. doi:10.1016/0014-2999(92)90282-9.