Metropolitans 92 | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A / Eurocup |
Fundación | 9 de xuño de 2007 |
Historia | Paris-Levallois Basket (2007–2017) Levallois Metropolitans (2017−2019) Metropolitans 92 (2019−presente) |
Cores | Azul, dourado |
Presidente | Boris Diaw |
Adestrador | Vincent Collet |
Patrocinador | Idex |
Localización | |
Cidade | Levallois-Perret, Francia |
Pavillón | Palais des sports Marcel Cerdan |
Capacidade | 4 000 |
Inauguración | 1992 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2013) |
Supercopa | 1 (2013) |
metropolitans92.com |
O Metropolitans 92 é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Levallois-Perret (Illa de Francia). Actualmente compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Palais des sports Marcel Cerdan, un pavillón con capacidade para 4.000 espectadores. Fundado no ano 2007 co nome de Paris-Levallois Basket, os seus maiores éxitos son un tíulo de Copa e outro do Match des Champions (Supercopa), ambos conseguidos en 2013.
O club foi fundado no ano 2017 a raíz da fusión do Paris Basket Racing, equipo posuidor de catro títulos de liga da cidade de París, o Levallois Sporting Club Basket, de Levallois-Perret, un municipio da periferia da capital francesa. O club, que foi bautizado co nome de Paris-Levallois Basket, mantén toda a historia e títulos do Paris Basket Racing e o Levallois Sporting Club Basket.[1] O club comezou a súa andaina na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, porén, en 2008 descendeu á LNB Pro B tras finalizar penúltimo na liga. O club volveu á máxima categoría en tan só un ano e desde aquela permanece nela. O seu mellor ano foi o 2013 cando conseguiron os títulos de campión de Copa e da Supercopa. O 5 de xullo de 2017, o equipo directivo decide mudar o nome do club a Levallois Metropolitans. O 4 de xullo de 2019, o ex-xogador da NBA Boris Diaw foi nomeado novo presidente do club, sucedendo a Jean-Pierre Aubry. Ese mesmo ano o club adopta un novo nome, Metropolitans 92.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Supercopa | Europa | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2007–08 | 1 | Pro A | 15º | Fase de 32 | |||
2008–09 | 2 | Pro B | 1º | Rolda de 16 | |||
2009–10 | 1 | Pro A | 7º | Fase de 32 | |||
2010–11 | 1 | Pro A | 13º | Rolda de 16 | 3 EuroChallenge | FC | |
2011–12 | 1 | Pro A | 6º | Fase de 32 | Cuartos de final | ||
2012–13 | 1 | Pro A | 12º | Campión | Semifinalista | 3 EuroChallenge | CF |
2013–14 | 1 | Pro A | 6º | Cuartos de final | Semifinais | 2 Eurocup | LR |
2014–15 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 16 | |||
2015–16 | 1 | Pro A | 14º | Rolda de 16 | |||
2016–17 | 1 | Pro A | 3º | Rolda de 16 | |||
2017–18 | 1 | Pro A | 10º | Semifinalista | 2 Eurocup | LR | |
2018–19 | 1 | Pro A | 12º | Semifinais | |||
2019–20 | 1 | Pro A | 4º | Cuartos de final | |||
2020–21 | 1 | Pro A | 6º | Cuartos de final | 2 Eurocup | CF | |
2021–22 | 1 | Pro A | 3º | Cuartos de final | 2 Eurocup | CF |