Mezzoforte (do italiano mezzo, "medio" e forte, "forte") é un termo que se emprega na notación musical para indicar un grao determinado de intensidad do son, é dicir, un matiz dinámico. A intensidade que sinala é moderadamente forte, situándose por enriba de mezzopiano e por embaixo de forte.
Este matiz dinámico pode aparecer representado nas partituras ou partichelas mediante unhas indicacións especiais que adoitan colocarse por debaixo do pentagrama, concretamente baixo a nota onde comeza a dinámica.[1]
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |