Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1922 Vitoria, España |
Morte | 8 de outubro de 2005 (83 anos) Vitoria, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santa Isabel |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | antropóloga, historiadora |
Premios | |
| |
Micaela Josefa Portilla Vitoria, nada en Vitoria o 30 de xullo de 1922 e finada ibídem o 8 de outubro de 2005, foi unha antropóloga, historiadora e pedagoga vasca, considerada das máis importantes do século XX. Foi autora de gran cantidade de estudos e publicacións, salientando o seu carácter pedagóxico, que compaxinou co de investigadora e divulgadora.[1][2][3]
Micaela Portilla realizou os seus primeiros estudos no colexio del Niño Jesús de Vitoria e en 1933 pasou ao instituto de ensino secundario da mesma cidade.
Estudou Maxisterio en 1941 e despois a carreira de Filosofía e Letras. Ampliou os seus estudos na Universidade Complutense, na especialidade de Xeografía e Historia. Na súa memoria de licenciatura, en 1954, presentou unha obra titulada Torres de Mendozas, Guevaras y Ayalas en Álava, pondo un punto de partida aos seus labores investigadores posteriores, preludio da súa tese doutoral e unha das súas obras fundamentais: Torres y casas fuertes en Álava (1977).[1]
Foi profesora de ensino primario en varias localidades da provincia de Áraba: na escola de Untzilla (Aramaio) en 1945, despois en Zalla (Biscaia), en Salvatierra e en Vitoria, en cuxo instituto Ramiro de Maeztu foi axudante de Odón Apraiz. Apraiz chamábaa cariñosamente Zabalate,o nome vasco da vila de Portilla. Durante varios anos empregou o pseudónimo Leocadia Zabalate para asinar colaboracións xornalísticas sobre arte e historia.[1] Como catedrática de Escolas Universitarias do Profesorado (1956) estivo na Escuela Normal (Escola de Maxisterio) de Cádiz, de Vitoria e, finalmente, de Madrid, onde se xubilou en 1987 logo de 43 anos de servizos.[4]
Micaela Portilla foi directora da Escuela Normal de Vitoria entre os anos 1958-1964. Posteriormente ocupou o cargo de asesora da Inspección Xeral de Escolas Normais, dende 1967 até 1971. Pertenceu á Real Sociedade Bascongada de Amigos do País (1971), Eusko Ikaskuntza, Comisión Conservadora do Patrimonio Artístico de Áraba, Xunta Asesora de Museos da Deputación Foral, Xunta Asesora do Patrimonio Monumental de Euskadi e do Consello Xeral da Cultura Vasca.Tamén foi académica correspondente por Áraba das Reais Academias de Belas Artes (1982) e da Historia (1988).[1][2]
En 1992 a Facultade de Filoloxía, Xeografía e Historia da Universidade do País Vasco propuxo o seu nomeamento como doutora honoris causa. Foi apadriñada polo catedrático de Historia Medieval da UPV César González Mínguez e o Consello de Goberno da Universidade do País Vasco aprobouno cos motivos seguintesː[5]
Pola súa dimensión de historiadora xenial, comprometida coa realidade da súa contorna e comprometida con todas as súas forzas, dende que publicou o seu primeiro traballo, alá polo ano 1958, para recuperar a memoria histórica de Áraba, sobre todo a través do seu patrimonio artístico. Sen dúbida é a historiador de Áraba máis importante deste século.César González Mínguez (Padriño) e catedrático de Historia Medieval da UPV.
En 1993, Micaela Portilla converteuse na primeira muller nomeada doutora honoris causa pola UPV.[6]
En recoñecemento ás súas achegas etnográficas, en febreiro de 2007 a Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza) e a Real Sociedade Bascongada de Amigos do País organizaron un congreso en homenaxe a Micaela Portilla,[7] coa participación da Fundación Sancho o Sabio, a Deputación Foral de Áraba e o concello de Vitoria. No mesmo acto houbo exposicións sobre a autora e varias xornadas de conferencias.[8]
A súa traxectoria supuxo o impulso para a creación dunha escola de seguidores na provincia de Áraba.[9]
En 2017 inaugurouse o Centro de Investigación Micaela Portilla da UPV/EHU.[10]
Grande apaixonada da historia e da arte, a bibliografía de Portilla é inmensa. É autora de libros de texto escolares; conferenciante, colaboradora de prensa e participante en coloquios e congresos, tanto de carácter divulgativo como científico. O seu legado é de milleiras de páxinas e un cento longo de publicacións, algunhas das cales son as seguintes[2]
A Casa de Cultura Ignacio Aldecoa da Deputación Foral de Áraba garda o seu fondo e tamén obxectos persoais.[21]